30/11/09

EUROPA REPRENDE Á XUNTA...

POLA POLÍTICA LINGÜÍSTICA.

A Axencia Europea das Linguas Minorizadas da UE "informa" á Xunta de Galicia que " as súas medidas adoptadas contra a lingua galega desde o pasado mes de abril supoñen unha vulneración de tratados internacionais sobre dereitos lingüísticos subscritos polo Estado español" e contra a Carta Europea de Linguas Rexionais e Minorizadas.
A EBLUL afirma na súa resolución que "resulta de especial gravidade" que non só non se puxese en marcha ningunha das medidas recomendadas", senón " que se desmantelasen algúns dos proxectos máis aplaudidos polo Consello de Europa", entre os que se citan á antiga Rede Galega de Escolas Infantís , Galescolas, " a única rede de ensino que contemplaba con normalidade o uso do galego".
Esta entidade da UE está promovida polo Parlamento Europeo e posúe rango de entidade consultiva ante o Consello de Europa e a Organización das nacións Unidas (ONU).
Fonte: Xornais dixitais (Xornal.com e farodevigo.es)

20/11/09

NADAL CON MENSAXE

NADAL CON MENSAXE
CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL ((E.N.D.L.))

BASES

* PREMIARASE A ORIXINALIDADE

* TÉCNICA ,FORMATO E DESEÑO LIBRE

* A MENSAXE DEBERÁ SER EN GALEGO


PARTICIPANTES:

CATEGORIA A: 1 E 2 DE ESO
CAREGORIA B: 3 E 4 DE ESO E 1 E 2 DE BAC.


PREMIOS:

HABERÁ TRES PREMIOS CONSISTENTES EN VALES CAMBIABLES NAS LIBRERIAS DA VILA:

* PRIMEIRO PREMIO: 30 euros

* SEGUNDO PREMIO: 20 euros

* TERCEIRO PREMIO: 10 euros



DATAS DE PRESENTACION:

PODERANSE PRESENTAR ATA O 1 DE DECEMBRO NA BIBLIOTECA DO IES

* FINALMENTE ESCOLLERASE A MÁIS AXEITADA PARA A SÚA IMPRESIÓN E FELICITAR O NADAL
* FARASE UNHA EXPOSICIÓN DOS TRABALLOS NO VESTÍBULO DE CENTRO

GRAZAS POLA VOSA PARTICIPACIÓN ( E.N.D.L. )

18/11/09

O GALEGO NAS AULAS

O SUPREMO DESBOTA QUE OS PAIS DECIDAN SOBRE O IDIOMA DO ENSINO
O Tribunal Supremo vén de ditar unha sentenza a través da cal desestima o recurso interposto no 2007 por un pai vigués contra a Xunta co obxectivo de que "os estudos de educación primaria do seu fillo se imparta integramente en lingua castelá".
O alto tribunal lembra que tanto a Constitución coma o Estatuto de Autonomía establecen que "a coexistencia de dúas linguas non só autoriza, senón que esixe (...) o seu conxunto tratamento e a esixencia do galego nos niveis de estudos non universitarios". Do mesmo xeito, subliña que "a discriminación" alegada polo pai " se produciría no caso de que a Administración autorizase o pretendido", isto é, que o galego desaparecese do curriculo do fillo do demandante...
Xornal.com, 18/11/2009

23/10/09

THE AMABLINGUA...Sería así o famoso "TRILINGÜISMO ARMÓNICO"?

Xa viña sendo time de que el new president descubrise the magic solution to the cosa de la lengua no Galician Country. The solution é o chamado “castrapo enriquecido”, al que también chaman “eurocastrapo”, “triglosia feijooooana”, amablingua , “galcasinglish” ou, na Galicia Sur, simplemente “feixoada”.
Basically consiste en ser amables. You are moi amable, in such a way que no ofendas a nobody arround. Because the cosa es no imponer, e se ti escolles one language –only one, ollo!- ti andas imponiéndote que nin a milk! So, first asunto: amabilidade, gentleness e, especially, never, never, never, mesmo nunca, fales only in the regional idioma. The second cosa vén sendo a closing down das galescolas, que finally serán substituídas by “trilingüelas” (not “bi”, but “tri”), to properly enseñar the new lengua. This is, efectivamente, the solution to the cuadratura of the circle: combinar a “soberanía lingüística” dos pais, with the deber of promoting e facer normal o galego, sin ofender a la lengua de Rosa Díaz, and also co obxectivo de trilingüizar aos nenos and little girls. So, a nai escolle, e choose o que choose, sempre ficará happy, ya que a súa escolla is included in the eurocastrapo. In fact, this feixoada is the “tres in one”, very inclusive and amabilismo. At the same time, the Xunta resolverá o “problem” educativo, sen que such a thing lle supoña un quebranto presupuestario. Efectivamente, as a matter of fact, o novo language non ten a very precise normas, and predomina a única and conocida only norma do “tanto ten, ti vai disimulando”, que se complementa coa de “never rained que non escampara”. Así, the teachers training is going to ser very barrato, barrato, cal carpet of magrebí. And, by the way, if non caíches na conta, este artículo is the first one written in the new idioma. Buena luck and remember o que di the song: non te warrees, be happy, tra,la,la,la,la,la,la,la….

Daniel López Muñoz - 20:57 17/04/2009 ( Publicado en VIEIROS)


16/10/09

QUEREMOS GALEGO


Distintas voces para unha mesma lingua. Persoas de diferentes profesións e ideas políticas co nexo común do galego amosan o seu apoio á manifestación do domingo , 18 DE OUTUBRO.
A intención de Queremos Galego é atraer toda a sociedade arredor da defensa da lingua.


4/10/09

ProLingua

Estampa dos membros de Prolingua que interviñeron este sábado na asemblea fundacional
Botadura oficial de ProLingua: dorna plural "para que non afunda a ilusión". Unha iniciativa para que a lingua e cultura galegas non sexan condenadas a ser "un bonsai ao que lle cortan as pólas cando se atreve a medrar demasiado".
Ilusión, rebeldía, esperanza, gañas de traballar, vontade de colaboración e optimismo inxectouse este sábado na asemblea fundacional da plataforma.


2/10/09

FALEMOS GALEGO...

... DEUS TAMÉN O FAI Victorino Pérez (Tori)

6/8/09

PLATAFORMA PROLINGUA


Aínda que sexa o mes de agosto, as novas seguen chegando. Hoxe atopei esta información na edición dixital de Galiza Hoxe:

ProLingua

Unha plataforma creada "por persoas de moi diversa ideoloxía e profesión que ten como obxectivos exclusivos a promoción do galego como lingua propia de Galicia".

"ProLingua é unha plataforma creada por persoas de moi diversa ideoloxía e profesión que ten como obxectivos exclusivos a promoción do galego como lingua propia de Galicia (e das comarcas estremeiras) e a consecución da súa oficialidade real, que pasa por unha presenza normal en ámbitos dos que se mantén practicamente excluída, como a empresa, a xustiza e outros servizos públicos e privados, especialmente os medios de comunicación. En función disto, declaramos como obxectivos irrenunciables de ProLingua a totalidade dos contidos da actual Lei de Normalización Lingüística de 1983 e o Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega de 2004, que contaron, en ambos casos, coa aprobación por unanimidade do Parlamento de Galicia. (...) Establécese como único requisito ás persoas que desexen pertencer a esta plataforma, a intención de se comprometeren na defensa da lingua galega e na promoción do seu uso en todos os ámbitos, tanto públicos coma privados. Dado que a lingua galega é patrimonio do pobo galego, rexeitamos calquera pretensión de apropiarse dela ou de atribuírlla a calquera grupo ou ideoloxía particulares. Por iso ProLingua se declara unha plataforma apartidaria e plural.(...) Toda a información no espazo web de ProLingua.






4/7/09

A UNIVERSIDADE E O GALEGO

AS TRES UNIVERSIDADES ÚNENSE PARA FOMENTAR O USO DO GALEGO NO ENSINO. 04/07/2009 , Xornal.com

Na primeira reunión deste novo órgano pulouse por promover os procesos de normalización lingüística no ensino superior.


As tres universidades galegas enviaron onte un comunicado no que informaban da constitución dunha Comisión Interuniversitaria de Política Lingüística “que nace co compromiso do fomento do uso da lingua galega no espazo de educación superior”.

A creación desta comisión coincide nun momento no que parte da sociedade galega comeza a mobilizarse contra as políticas que pretende levar a cabo a Xunta de Galicia con respecto ao uso do galego no ensino. Fontes das universidades aseguran que a iniciativa xorde neste momento, aínda que non motivada especialmente polas directrices que está a implantar a Conselleria de Educación. Non obstante, a intención desta comisión interuniversitaria é “rendibilizar recursos e homoxeneizar a planificación normalizadora neste ámbito”.

A comisión estará constituida polos tres reitores das univerdidades galegas, quenes ostentarán a presidencia de forma rotatoria por períodos dun ano. Actualmente, o reitor coruñés, José María Barja, é quen ostenta este cargo.

Na primeira reunión deste novo órgano, que tivo lugar en días pasados, acordouse realizar unha serie de propostas para “desenvolver normativas que fomenten o uso do galego na docencia, fundamentalmente nos primeiros anos dos novos graos”. Igualmente, acordouse “deseñar unha campaña común sobre os dereitos lingüísticos na comunidade universitaria e dar os pasos precisos para presentar de maneira unitaria os recursos lingüísticos existentes e para pór ao servizo de todo o sistema universitario galego as ferramentas producidas en cada unha das universidades.

Segundo informan desde a universidade da Coruña, entre outros asuntos abordados na primeira xuntanza deste órgano, os reitores e membros da comisión mostraron a súa preocupación “polo recorte previsto do orzamento para actividades de normalización” e acordou dirixirse á Secretaría Xeral de Política Lingüística, dirixida por Anxo Lorenzo, para facerlle chegar unha serie de iniciativas “entre as que se atopa a de continuar e ampliar a oferta de manuais e de material docente para o ensino universitario”.

Nesa liña de garantir que o profesorado goce de material docente en galego, a comisión decidiu dirixirse á Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia.

2/7/09

PuntoGal...Xa vai sendo hora


O goberno da Xunta compromete todo o seu apoio para crear un dominio específico na rede sobre contidos galegos
Así llo transmitiron hoxe os secretarios xerais de Política Lingüística e mais de Modernización e Innovación Tecnolóxica a representantes da asociación PuntoGal
Está previsto que a aprobación definitiva do .gal se produza na primeira metade do próximo ano
Santiago, 2 de xullo de 2009 .- A Xunta de Galicia comprometeu todo o seu apoio coa iniciativa da asociación Puntogal, que procura a construción dun espazo específico en internet para a lingua e cultura galegas, o dominio .gal. Así llo transmitiron hoxe a secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica de Presidencia, Mar Pereira, e o secretario xeral de Política Lingüística da Consellería de Educación, Anxo Lorenzo, aos representantes de Puntogal.
Durante a reunión, o presidente da asociación, Manuel González, o vicepresidente, Camilo Regueiro, e o secretario, Darío Janeiro, informaron os secretarios das xestións que se levaron a cabo para conseguir pór en marcha na rede este dominio. Así mesmo, desde a asociación PuntoGal confirmaron que a aprobación definitiva do dominio está prevista para o primeiro semestre do vindeiro ano. Numerosos apoiosA asociación PuntoGal foi constituída en 2006 por varias entidades promotoras, entre elas a Real Academia Galega, para conseguir crear un espazo específico en internet baixo o cal poder agrupar todas as webs con contidos en galego, ou noutras linguas que, dalgún xeito, teñan relación coa cultura e a sociedade galegas.
Entre os numerosos apoios de persoas e institucións cos que conta esta iniciativa atópanse asociacións e colexios profesionais, asociacións culturais e xuvenís, medios de comunicación e empresas de diversa actividade, entre outros.

22/6/09

ILG ENVÍA UNHA CARTA A FEIJÓO

Reprocha que se transmita a idea de que o galego "é lingua só dunha parte da cidadanía".
22/06/2009

"Excmo. Sr. Presidente da Xunta de Galicia,O Consello Científico do Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago de Compostela acordou dirixirse a vostede para lle manifestar a súa preocupación polas medidas adoptadas e polas declaracións realizadas nas últimas semanas polos distintos membros do goberno galego verbo da lingua propia de Galicia. Estas actuacións supoñen un serio retroceso na extensión do coñecemento do galego e na súa implantación na sociedade, na administración e no ensino, e ademais están a producir un dano gravísimo ao prestixio social da lingua galega, socavando todas as actuacións de normalización anteriores e poñendo en cuestión as futuras, ao difundir desde as máis altas instancias as falsas ideas de que o galego é lingua só dunha parte da cidadanía e de que existe un proceso de imposición que discrimina os castelanfalantes. Por outra parte, resulta contraditorio que este retroceso se produza nun momento en que existe un interese crecente pola nosa lingua en ámbitos académicos e científicos de numerosos países e nas administracións europeas. Aínda non hai moito o Consello de Europa chamaba a atención sobre a insatisfactoria situación do galego no ensino, a discriminación que sofren os galegofalantes no sistema xudicial e a situación de marxinación nas empresas que prestan servizos públicos en Galicia. Todos os estudos de carácter sociolingüístico inciden sobre a situación de inferioridade e retroceso que está a sufrir a lingua galega. O goberno galego, cumprindo a lexislación vixente, ten o deber de promover a lingua galega en todos os ámbitos da sociedade, e ten tamén a responsabilidade de contribuír a xerar un clima positivo cara a ela, desfacendo os vellos prexuízos que aínda se manteñen vixentes e impulsando as súas potencialidades tanto para o desenvolvemento dunha sociedade máis libre e máis xusta coma para a proxección de Galicia cara ao exterior. A lingua é un ben compartido por toda a sociedade. É por iso responsabilidade de todos, e en primeiro lugar da Xunta de Galicia, impedir que se converta en motivo de conflito. A lingua galega, lonxe de ser unha limitación, é un activo fundamental para Galicia e ten sen dúbida grandes posibilidades de futuro, na Europa multilingüe e na sociedade aberta que estamos a construír. Consello Científico do Instituto da Lingua GalegaUniversidade de Santiago de Compostela"

14/6/09

POLÍTICA LINGÜÍSTICA

NOVA APARECIDA EN VIEROS.COM- 13/06/2009
Anxo Lorenzo promete unha política lingüística "baseada na promoción activa" do galego.

A Mesa, sindicatos e asociacións de pais cualifican a consulta sobre o idioma de "tramposa".


O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, prometeu este venres que o seu departamento levará a cabo "unha promoción activa" do galego a través dunha política que, "sendo diferente ás anteriores, está baseada na promoción activa e multidimensional" da lingua propia. Así, no marco da homenaxe ao escritor de Abadín Aquilino Iglesia no centenario do seu nacemento nesta localidade, Lorenzo apelou ao "consenso e a concordia". "O pobo galego non nos vai perdoar que non sexamos capaces de deixar a un lado as rivalidades partidistas cando se trata da lingua galega", destacou. Finalmente, considerou "o idioma" como "a base da convivencia como pobo", e lembrou e valorou o traballo realizado polo escritor homenaxeado, que foi membro da Real Academia Galega, "a favor do idioma e da cultura de Galiza".
Novas críticas á consulta de Educación
Por outra banda, a Mesa pola Normalización Lingüística, xunto con sindicatos e asociacións de pais de alumnos cualificaron en Ferrol tamén este venres que a consulta sobre o idioma no ensino proposto pola Consellaría de Educación é "tramposa".
Consideran que no apartado que se destaca como "só en galego" fai referencia ás materias troncais e "non a todas as disciplinas, como dá a entender". Ante isto, pedíronlles aos pais que marquen a opción dunha educación só en galego, porque se refire "ás materias troncais", o que tan só suporía continuar co deseño educativo actual.

8/6/09

A LINGUA GALEGA NO ENSINO

Os Equipos de Normalización alertan do perigo dunha “fractura social”
A coordenadora de docentes vai distribuir milleiros de dípticos en centros públicos e concertados para que os pais teñan información con criterior pedagóxicos para cubrir as enquisas de Educación.

A Coordinadora Galega de Equipos de Normalización Lingüística (ENDL) vai distribuir nos vindeiros días ducias de milleiros de dípticos en todos os centros de educación non universitaria. A coordinadora quere darlle aos pais información sobre a importancia da presenza da lingua autóctona no sistema educativo. Valentina Formoso, voceira desta plataforma, sinalou que se está a dar un debate eminentemente ideolóxico e que, pola contra, o díptico quere achegar estudos rigorosos e pedagóxicos: “Dirixímonos aos pais porque intereses políticos, e non educativos, crearon un problema no ensino sobre dúas linguas oficiais da comunidade, que pode derivar nunha perigosa fractura social”.Os dípticos comezarán a chegarlle esta mesma semana aos equipos de normalización, que se encargarán de distribuilos en cada centro, fundamentalmente a través das asociacións de pais. A idea é abranguer a practicamente todos os centros públicos e concertados que existen en Galiza. Formoso subliña que o obxectivo é dar unha visión como docentes de que “temos unha lingua propia e das vantaxes que ten aprender en galego. Nós queremos que o alumnado sexa igual de competente en galego coma en castelán”.

27/5/09

Científicos galegos no exterior fan público un manifesto en defensa da lingua


Unha achega ao debate sobre o galego desde o CERN.
Somos un conxunto de físicos e enxeñeiros galegos vencellados ao Centro Europeo de Investigación Nuclear (CERN) en Xenebra, a día de hoxe uns dos laboratorios científicos máis importantes do mundo. Desde a distancia, levamos meses asistindo ao debate que se está a xerar sobre a posición que debe ocupar a lingua galega no noso sistema educativo. Esta cuestión está a provocar unha confrontación continua de posturas e opinións que se estende a distintos ámbitos da nosa sociedade. Se ben consideramos este debate lexítimo tamén coidamos que as posturas deben ser mantidas e defendidas desde a máis absoluta rigorosidade, a mesma pola que nós estamos rexidos nas nosas actividades científicas. E vémonos na obriga de intervir cando determinados argumentos que non seguen esta máxima aparecen por parte de persoas cunha opinión que non se restrinxe ao ámbito privado.
En declaracións ao “Faro de Vigo”, o voceiro da “Confederación das Asociacións de Pais de Alumnos de Colexios Concertados” (Congapa), José Ramón Hermida, dicía: “Utilicemos el sentido común. Químicas o Físicas, con tantas nomenclaturas internacionales, no se pueden dar en gallego. No podemos retroceder”. Ben, for desde a ignorancia, for intencionadamente, declaracións deste tipo resultan totalmente inadmisíbeis. E dicimos isto con coñecemento de causa, pois no noso ámbito de traballo estamos acostumados a ter conversas de alto nivel científico de temas moi diversos en galego. Nun entorno no que temos a sorte de traballar con algúns dos mellores físicos e enxeñeiros do mundo, o galego está, modestamente a través de nós, presente como vehículo de comunicación científica. E para isto é un idioma exactamente igual de válido que o francés, o alemán ou, desde logo, o castelán. Ben é certo que o galego non é empregado para as comunicacións nin publicacións científicas a grande escala, pero é necesario que se saiba que tampouco o é o castelán. A lingua franca da ciencia desde hai moitos anos é o inglés, e desde logo se algunha lle discutíu no pasado tal condición esa non foi o castelán.
O noso obxectivo con esta carta é simplemente evitar que se empreguen argumentos falsos (ou falseados) na discusión dun tema tan delicado e importante coma este. E tamén reivindicar o galego como lingua que nos identifica sen excluírnos estando como estamos lonxe da casa.
No CERN en Xenebra, a 26 de Maio de 2009,
Xabier Cid Vidal, Licenciado en Física e estudante de Doutoramento - USC, experimento LHCb.
Patricia Conde Muíño, Doutora en Física de Partículas, Investigadora do LIP (Laboratório de Física e Instrumentação de Física de Partículas) - Lisboa (Portugal), experimento Atlas.
Daniel Esperante Pereira, Enxeñeiro de Telecomunicacións e estudante de Doutoramento na USC, experimento LHCb.
Teresa Fonseca Martín, Doutora en Física de Partículas, investigadora asociada da Royal Holloway University - Londres (Reino Unido), experimento Atlas.
Abraham Gallas Torreira, Doutor en Física de Partículas, investigador Ramón y Cajal na USC, experimento LHCb.
Manuel Gallas Torreira, Doutor en Física de Partículas, antigo staff do CERN no departamento de Física Experimental.
Marcos Mariño Beiras, Doutor en Física de Partículas, Catedratico de Física Matemática na Universidade de Xenebra (Suíza).
Diego Martínez Santos, Licenciado en Física e estudante de Doutoramento - USC, experimento LHCb.
Cibrán Santamarina Ríos, Doutor en Física de Partículas, investigador asociado na McGill University - Montreal (Canadá), experimento Atlas.

19/5/09

LETRAS GALEGAS 2009. A PONTENOVA

Nesta presentación podedes ver en imaxes como transcurriu a xornada do venres, día 15 de maio, na Casa de Cultura.

17/5/09

FALAR GALEGO É DOADO...SÓ HAI QUE INTENTALO

UN DOS MOITOS LEMAS EMPREGADOS EN PROL DA NORMALIZACIÓN DO GALEGO

16/5/09

17 DE MAIO 2009

Data que non necesitaría ser lembrada. As LETRAS GALEGAS non merecen un día de recordatorio. Falar, ler e escribir en galego debería ser algo normal como xantar, respirar, ou camiñar. Cando non haxa necesidade de ter un día especial...Esa será realmente a celebración das LETRAS GALEGAS.


A anterior presentación e a seguinte foron elaboradas por alumnos e alumnas de 4º de ESO e posteriormente visionadas polos restantes alumnos e alumnas do Centro.

14/5/09

Recrean en Vigo o despacho de Ramón Piñeiro

Numerosos intelectuais antifranquistas compartiron diálogo co pensador de Láncara na mesa-padiola que desde hoxe se pode visitar na Casa da Cultura. Efe. 14/5/2009

A Fundación Penzol recreou o despacho de Ramón Piñeiro do seu domicilio da rúa Xelmirez de Santiago, coa súa soada mesa-padiola, que permanecerá instalada na Casa da Cultura, sede da institución en Vigo.

O coordinador desta iniciativa, Henrique Monteagudo, declarou a Efe que se trata de «unha homenaxe á persoa de Piñeiro, porque o seu traballo foi de ti a ti, moi persoal», en alusión aos numerosos intelectuais antifranquistas que pasaron por este despacho e compartiron diálogo e inquietudes co pensador de Láncara ao redor da mesa-padiola.

A recreación está composta polo mobiliario auténtico do despacho, que «estaba en moi bo estado de conservación, ata nos detalles ornamentais», debido á meticulosa custodia da familia do escritor ao que este ano se dedica o Día dás Letras Galegas.

Monteagudo destacou que «durante o franquismo, a transmisión da cultura galega tiña que facerse na clandestinidade, non se podía facer publicamente» e, «neste despacho, Piñeiro exerceu un traballo fundamental na transmisión da cultura de Galicia antes da Guerra».
«A nómina case completa da intelectualidade galeguista da segunda metade do século vinte reuniuse aquí, ao redor desta mesa padiola mítica», recordou Monteagudo.

O responsable da iniciativa destacou a colaboración da Concellaría de Cultura de Vigo e a anterior Consellería de Cultura da Xunta de Galicia na recuperación do espazo onde Piñeiro traballou «de forma incansable en favor da lingua galega e a recuperación da identidade cultural e política de Galicia», segundo a Fundación.

10/5/09

TEXTOS MUSICADOS DE RAMÓN PIÑEIRO

Eloi Caldeiro compuxo un álbum inspirado na obra do protagonista ,de Ramón Piñeiro López, e rodou un documental
«Cando comezaba a deseñar esta nova entrega sabía que a música para incluír no cedé suporía un reto. A ausencia de textos poéticos para musicar na obra de Piñeiro determinaba que me enfrontase cun problema que ata ou de agora nunca tivera, pero tampouco quería que todos os temas fosen instrumentais, polo que resolvín traballar con algúns textos do autor de Láncara sen utilizalos con liñas melódicas, senón de maneira recitada xunto con temas instrumentais», explica Caldeiro sobre a elaboración dunha obra audiovisual que acaba de editar baixo ou título da Terra e a saudade .
No documental rodado por Caldeiro aparece unha longa lista de amigos, familiares e intelectuais que falan da vida e a obra de Piñeiro. Así, mentres se contemplan imaxes de diferentes momentos da existencia do escritor de Láncara, aparecen persoeiros como Fernández del Riego, Franco Grande, Ramón Villares, Xosé Luís Barreiro Rivas ou Ánxela López, sobriña de Piñeiro. Entre todos debuxan unha personalidade que marcou a historia de Galicia.
Esta información apareceu na Voz de Galicia (10-05-2009)

A Asociación de Escritores en Lingua Galega entregou os premios aos mellores de 2008

OS MELLORES DE 2008
( Información de VIEIROS, 10-05-2009)
A AELG entregou os seus premios anuais na Cea das Letras
Galardoados Miguel Anxo Murado, Xabier Docampo, Xulio Valcárcel, Inma López Silva, Gonzalo Navaza, Teresa Moure, Ana Romaní, Marcos Valcárcel, Elena Poliatowska e o Liceo de Ourense.

Os premiados e premiadas
A Asociación de Escritores en Lingua Galega celebrou este sábado a Cea das Letras, un dos actos máis importantes da organización, na que deu a coñecer e entregou os premios ás mellores obras publicadas no ano 2008.Da suma de votos emitidos nunha primeira quenda polas persoas asociadas á AELG, coa participación de Gálix para escoller a mellor obra de literatura infantil e xuvenil e do Colexio de Xornalistas para o de mellor traxectoria xornalística, elaborouse unha listaxe de obras finalistas, sobre a que se elixiron as seguintes gañadoras:

Ensaio: Miguel Anxo Murado, pola súa obra Fin de século en Palestina (Galaxia)
Literatura Infantil e Xuvenil: Xavier P. DoCampo, pola súa obra O libro das viaxes imaxinarias (Edicións Xerais de Galicia)
Poesía: Xulio L. Valcárcel, pola súa obra A melancolía dos corpos (Ediciones de la Sociedad de Cultura Valle-Inclán)
Narrativa: Inma López Silva, pola súa obra Memoria de cidades sen luz (Galaxia)
Tradución: Gonzalo Navaza, pola tradución da obra As flores do mal, de Charles Baudelaire (Galaxia)
Teatro: Teresa Moure, pola súa obra Unha primavera para Aldara (Deputación Provincial de A Coruña)
Mellor traxectoria xornalística: Ana Romaní
Blog Literario: Marcos Valcárcel, polo seu blog As uvas na solaina
Institucións: Sección de Literatura do Liceo de Ourense
Escritora Galega Universal: Elena Poniatowska

3/5/09

NUNCA XOGUES COA TÚA SORTE

Este conto foi escrito por Laura Gavín

"Era o día de defuntos do ano pasado, cando lle fun levar unhas flores a meu avó ó cemiterio.

Cheguei con toda a normalidade ao cemiterio, pero pareceume raro, para ser o día de defuntos,non ver ningún coche por alí fóra. Pero entrei, con medo, pero entrei. Pensei que de estado dentro non habería medo ningún.

Diante das sepulturas da miña familia había moitos ordenadores e aparellos polo estilo, pero coma na da miña familia había diante de moitas máis. O primeiro que se me ocorreu foi ir buscar ao dono de todo iso, pois supuxen que estaría por alí.Así foi que o atopei, e díxenlle:

- Bos días!. Mire. e que vin poñerlle unhas flores ao meu avó e atopei diante da súa sepultura uns ordenadores, poderíame dicir para que son?.

- Bos días!- díxome mentres facía un sinal para que o seguira ata diante dunha sepultura- Estes son sensores de calor; pulsando aquí- dixo sinalando un botón vermello- diranos se alguén, dende esta sepultura lle emite algún tipo de calor, é dicir, se hai algún tipo de espírito neste cemiterio.

El foi correndo por unha cámara , mentres eu o agardaba alí pasmada, xa que eu pensaba que todo aquilo era un xogo de rapaces, non podía crer o que ía comezar a pensar dese día...

Comezou a gravar e a continuación pulsou o botón vermello e a agulla do sensor comezou a moverse cara o lado vermello...Eu xa sospeitaba que non era moi bo sinal pero,por si acaso, pregunteille se iso era un bo sinal pero el xa me respondeu que non coa cabeza, pero ocorréuseme unha cousa...

- Por favor !- supliqueille- podemos facer isto mesmo diante da tumba do avó?-
- Por suposto-

Os dous dispuxémonos para ir á tumba de meu avó, pero cando chegamos alí, tódolos aparatos estaban desconectados, e outro rapaz e máis eu puidemos ver como se nos apareceu un home que nin e u nin el coñecíamos, pero o peor é o que nos dixo:

- Deixade en paz aos mortos e aos seus espíritos. A vós tampouco vos vai gustar que uns descoñecidos nos veñan a molestar.

Non se me borran as súas palabras da mente. E en canto a min non volvín entrar no cemiterio dende aquel día, pero confío en que este ano poida ir.

Que era o que emitía calor? Por que falaba aquel defunto?. "


O SOUTO DAS ÁNIMAS

Este conto foi escrito por Román Señor.
"Xoán e Antón eran dous veciños dun pobo da Terra Chá que, unha noite de outono, foron a Vilalba ás mozas. Os dous eran madeireiros e coñecían moi ben os atallos e camiños da zona. Ao volver quixeron tomar o camiño do Souto...Había menos distancia.

Nada máis penetrar na fraga a Xoán pareceulle oír un ruído, como o dunha árbore cando cae.

- Antón, ti oíches iso?
- Eu non escoitei nada- lle dixo con toda normalidade- non te pasarías algo coa bebida?.

Xoán quedou pensativo e cavilou que ao mellor se pasara co viño. Pero entón viu un cadaleito, pero era transportado polo camiño antigo ata o cemiterio. Levábao un carro e era seguido por unha morea de xente con velas na man. “Un enterro”,pensou. Pero eran as tres da mañá.

Cando lle contou o sucedido a Antón, este díxolle que non fixera caso que el non vira nada...Ademais houbo ser cousa da bebida!

Fora ou non a bebida, á mañá seguinte, Xoán, que estaba tronzando madeira, caeulle unha árbore enriba.

Dende aquela din que aquel que ve o seu enterro en vida está máis cerca do ceo que do chan."

29/4/09

UN RECUNCHO PARA A ESCRITURA

Neste recuncho podedes amosar a vosa capacidade creativa. Subiranse tódolos contos, relatos ou poemas que elaboredes.
Non sodes moi participativos...Para que imos facer algo que non é "obrigatorio"?. Esta é a pregunta que facedes a cotío cando se vos presenta a posibilidade de participar nunha actividade.
Polo Magosto houbo un concurso de relatos de medo ou terror. Soamente houbo dous relatos presentados a concurso.
Desde aquí pido que vos animedes a participar e, co tempo, ir facendo unha recompilación de contos, relatos e poemas inéditos.
ÁNIMO!!!

24/4/09

HOMENAXE A PARGA PONDAL

La Voz . 24/4/2009

«Foi un xeoquímico obstinado». Así recordou onte Juan Vidal Romaní, director do Instituto Universitario de Xeología Parga Pondal, ao seu profesor, ao que onte se homenaxeou no Día do Científico Galego. Ao acto convocado pola Real Academia Galega de Ciencias acudiron representantes do mundo científico, cultural, universitario e político para honrar ao pai da xeoloxía galega e ao promotor da Geoquímica en España. A xuízo do presidente da academia, Ernesto Viéitez, unha homenaxe «nunca foi tan xusta como acertada e merecida». O neto do geólogo, Isidro Parga Menéndez-Manjón, recordou como Laxe, o pobo natal do científico, converteuse nun centro de formación de mozos universitarios europeos, que acudían a «facer ciencia en familia, cun martelo e cun lapis».

A UE insiste na necesidade de “defender” a lingua galega

O comisario europeo de Multilingüismo lémbralles aos parlamentarios galegos o seu interese por “promocionar” o idioma.
O comisario europeo de Multilingüismo, Leonard Orban, manifestou onte na capital de Galicia o interese do Executivo comunitario pola preservación e posta en valor das linguas minoritarias, coma é o caso do galego.Orban, que hoxe pronunciará en Santiago unha conferencia sobre o “diálogo” no marco da “aprendizaxe das linguas”, iniciou a súa estancia na capital cunha visita ao Parlamento, onde mantivo un encontro coa presidenta da Cámara, Pilar Rojo, e os tres voceiros parlamentarios.
Ao termo desa xuntanza, o responsable comunitario en materia idiomática suliñou que “as mensaxes fundamentais” que lle “gustaría” enviar “ás autoridades galegas” é que, “a nivel da Unión Europea”, dende o seu departamento estase a facer “todo o posible” para, tendo en conta as “competencias” da Comisión, “defender e promocionar todas as linguas faladas na UE”, tanto as “oficiais” como as “outras, incluídos o galego, o vasco e o catalán”.
Esta información está sacada do XORNAL DE GALICIA do día 24 de abril de 2009.

23/4/09

23 DE ABRIL: DÍA MUNDIAL DO LIBRO

Os libros alimentan o espírito. Á lectura diaria é algo ao que non se pode renunciar. Desde este recuncho o meu pensamento non é nada optimista, pero só podería lembrar, a aquel ou aquela que non dedica tempo a ese menester, que ignora as paisaxes que pode descubrir sen moverse do sofá, os sentimentos que pode compartir, as aventuras que pode vivir... Seguramente non debería existir un “Día do libro”. Tódolos días terían que ser ese día, esa hora, ese minuto que atopamos na nosa atarefada existencia (exames, traballos, festas, saídas...) para que os nosos ollos paseen polas liñas deses fermosos exemplares que están detrás dunhas vitrinas que os protexen do po e que esperan que alguén se lembre deles, os colla e xuntos poidan pasear e facerse compaña.

22/4/09

O BARQUÍN EN FUNCIONAMENTO

Aquí tedes uns vídeos realizados por Alex , alumno de 1º de ESO. No 1º podedes ver como o fol proporciona o aire necesario para que o carbón poida arder. Se observades ben é unha forxa familiar , das que eran habituais na zona. Esta forxa está situada en Vilar de Conforto.


Neste 2º vídeo escoitamos o son do martelo ao bater o ferro na incre e as primeiras prácticas dun pequeno ferreiro.

20/4/09

O 23 DE ABRIL É O DÍA DO CIENTÍFICO GALEGO

O Día do Científico Galego homenaxea ao pai da xeoloxía na comunidade. Este ano( o segundo que se celebra) o distinguido é: Isidro Parga Pondal.
A seguinte información apareceu na Voz de Galicia o dia 7 de abril de 2009.


“Nos anos cincuenta, sesenta e setenta do pasado século, un pobo da Costa da Morte converteuse nunha referencia para a ciencia europea. Científicos de todo o continente viñan en peregrinación con certa regularidade ao Laboratorio Xeolóxico de Laxe, onde compartían experiencias profesionais con Isidro Parga Pondal, un químico de formación que se acabou convertendo no pai da xeoloxía galega moderna e nun referente internacional da especialidade. En Laxe, a súa localidade natal, buscou o seu refuxio despois de que, acabada a Guerra Civil, fóra expulsado da Universidade de Santiago pola súa colaboración no Seminario de Estudos Galegos, a súa amizade con Castelao e as súas ideas galeguistas.


Na actualidade a figura de Isidro Parga Pondal está completamente restituída e amplamente recoñecida, pero a partir de hoxe serao aínda máis tras a declaración da Real Academia Galega dás Ciencias (RAGC), que o elixiu como figura a homenaxear no Día do Científico Galego, o 23 de abril. O obxectivo é consolidar a efeméride como «unha celebración de toda a sociedade de Galicia, ao mesmo nivel que ou Día dás Letras Galegas». «A ciencia, como manifestación cultural de primeira orde, debe difundirse e divulgarse para que todos vos cidadáns sexan conscientes do potencial investigador que ten a comunidade galega, que conta con figuras internacionalmente recoñecidas dende hai anos», resalta o presidente da institución, Ernesto Viéitez Cortizo.


Se o pasado ano o homenaxeado foi o matemático Enrique Vidal Abascal, nesta ocasión éo unha figura con gran peso científico, pero tamén cunha notable faceta empresarial (creou Kaolines de Laxe) e intelectual. «O meu avó creo que foi unha persoa que tivo un recoñecemento público e social bastante grande, porque, á parte da de geólogo, tiña outras facetas, pero para a familia segue sendo un agradecemento que logo de varios anos da súa morte [faleceu en 1986] a xente aínda teña un recordo agradable de el», explica o neto do homenaxeado, Isidro Parga Menéndez-Manjón.


«Foi ou principal xeólogo que tivo Galicia e un dous mellores de España. Se non fose pola Guerra Civil, Galicia tería a primeira universidade de Xeoquímica do mundo. Parga Pondal creou esa rama, a xeoquímica», valora Isaac Díaz Pardo, a quen Parga lle cedeu en 1978 o Laboratorio Xeolóxico de Laxe, que trasladou a Sada.”

O LEGADO DE RAMÓN PIÑEIRO


Ou legado de Piñeiro protagoniza a primavera literaria en Galicia

Galaxia, o selo do que foi director editorial, recupera títulos históricos como «Filosofía dá saudade»
Reedicións dous seus libros e estudos sobre a súa obra anticipan a celebración do Día dás Letras Galegas
Autor: Luís Pousa
Data de publicación: 20/4/2009 , A Voz de Galicia.


Ramón Piñeiro (Armea, Láncara, 1915-Santiago, 1990) foi unha desas figuras decisivas na historia recente de Galicia que, quizais por esa proximidade temporal, aínda non foron recoñecidas debidamente. Acusado por un bando de ser demasiado brando e conciliador e clamorosamente ignorado por outros, ou seu labor na recuperación dá cultura galega, nos escuros tempos dá posguerra e nos inicios daquela preautonomía na que todo estaba por armar, foi crucial. Ao dedicarlle este ano ou Día das Letras Galegas ao autor de Filosofía da saudade , Galicia cumpre con esa débeda moral que esixía reivindicar, dun xeito diáfano e definitivo, a un intelectual que, entre outras cousas, contribuíu ao uso do galego non ensaio, un sopro de normalidade ata entón case inédito.


Ou selo do que foi director editorial, Galaxia, e non que publicou practicamente toda a súa obra, é ou que fai esta primavera ou maior esforzo, ao reeditar a súa obra e ao publicar novos estudos que permiten achegarse á súa figura desde moi diferentes perspectivas. Xa pódense atopar nas librerías, explican desde a editorial Galaxia, Vida e obra de Ramón Piñeiro , de Beatriz García Turnes, unha aproximación ao legado de Piñeiro en forma de biografía e antoloxía. Tamén acaba de reeditarse ou seu lendario ensaio Filosofía da saudade , un título fundamental para coñecer a profundidade do pensamento piñeirista, e Galicia , texto do autor acompañado nesta ocasión con imaxes de Vítor Vaqueiro.



Galaxia publicará ademais, antes do 17 de maio, outros catro títulos de e sobre ou autor homenaxeado: Do sentimento á conciencia de Galicia. Correspondencia (1961-1990) , de Ramón Piñeiro e Basilio Losada ; Ramón Piñeiro. Ou espertar dá conciencia galega. Galeguismo, cultura e identidade. Ensaios e artigos dispersos (1950-1990) , edición de Henrique Monteagudo; Ramón Piñeiro ou a reinvención dá cultura galega , de Xesús Alonso Montero; e Ramón Piñeiro e a revisión do nacionalismo 1934-1980 , de Miguel Barros.


A lestes volumes súmanse as obras xa presentes non catálogo de Galaxia, como A lingua e as linguas , que recolle ou seu discurso de ingreso na Real Academia Galega; a colección de artigos Olladas non futuro ; Un epistolario de Ramón Piñeiro , de Francisco Fernández del Riego; e Ramón Piñeiro. Unha vida por Galicia , do seu grande amigo e colaborador Carlos Casares.

Vida novelada

Edicións Xerais tamén súmase á celebración do Día das Letras Galegas coa publicación do ensaio de Xosé Ramón Rodríguez Polo, Ramón Piñeiro e a estratexia do galeguismo (1939-1982) , que xa está á venda nas librerías de Galicia, e a novela de Daniel Ameixeiro, Ramón Piñeiro. Vos días ocultos , que acaba de saír do prelo.


O estudo de Rodríguez Polo, explica ou propio autor, trata de analizar ou papel que tiveron Piñeiro e un destacado grupo de galeguistas do seu tempo na preparación dá sociedade galega ante a futura chegada dá democracia, de forma que todos vos galegos, independentemente dá súa adscrición ideolóxica concreta, se sentisen integrados non galeguismo. Unha dás propostas máis orixinais deste 17 de maio é a edición dá novela de Ameixeiro na que, subliñan desde Xerais, ou autor homenaxeado volve á posguerra para ir percorrendo, a través dás súas palabras, un momento crucial dá nosa historia.

16/4/09

TÓPICOS SOBRE O IDIOMA

"A cultura da falta de esforzo está matando o galego"
Artigo escrito no xornal EL PAIS por Teresa Cuiñas. Pontevedra- 16/o4/2009

A filóloga Goretti Sanmartín revisa os tópicos sobre o idioma

O debate acerca da presunta existencia dun conflito lingüístico en Galicia é o protagonista anunciado da XXVI Semana Galega de Filosofía, desde que se fixo público que a educación era o tema da presente edición. No medio do cruce -que non diálogo- de discursos que mesturan política e criterios económicos con áreas sensibles como a identidade cultural e a liberdade, emerxen voces críticas que propoñen un novo modelo de defensa do galego, como a profesora da Universidade da Coruña, Goretti Sanmartín.

"O galego hai que defendelo porque é o sistema en que nos construímos"
"O momento é malo e vai ser absolutamente contrario a algúns avances, pero podemos aproveitar a crise do sistema para cambialo", indica a filóloga e responsable do departamento de Normalización Lingüística da institución coruñesa. Sanmartín forxou o seu optimismo desmontando tópicos. A investigadora observa que ao bipartito lle faltou facer "pedagoxía" acerca do polémico decreto da ensinanza en galego e que "fallou a explicación". Tamén sinala a "falta de memoria política dos que non lembraron que a base do decreto estaba acordada por todos os partidos con representación parlamentaria" e o papel de algúns medios de comunicación aos que "só lles interesaba crear crispación".

A profesora Sanmartín opina que chegou o momento de actuar como cidadáns en troques de deixar toda a capacidade de acción ás institucións. Deste xeito, aposta por unir o galego a outras causas, como o feminismo e o ecoloxismo, no marco dun pensamento e favorable a pluralidade e diversidade: "No é que teñamos que defendelo porque sexa a nosa lingua ou unha ferramenta de comunicación, porque nese caso sería máis útil falar inglés, senón porque o galego é o sistema no que nos construímos".

A autora do ensaio Nos camiños do entusiasmo: calidade da lingua e planificación (Xerais, 2009) introduce o concepto de seguridade como peza clave para a planificación lingüística. "Hai que deixar de dedicar tempo e recursos económicos aos monolingües en español e atender as necesidades dos flutuantes entre os dous idiomas e os monolingües en galego". As carencias dos dous últimos grupos son, o seu xuízo, subsanables si se aumentan as competencias expresivas dos falantes. Sanmartín confía en que este discurso conecte coa xente nova e alonxe do galego o estigma do coloquialismo. Aínda que advirte que non hai fórmulas máxicas, aposta por o pensamento e a lectura, antes que fundir na historia as raíces do problema: "Nin Franco nin os Séculos Escuros, o que agora está matando o galego é esta cultura rápida e pouco reflexiva, de falta de esforzo que está en crise. Por iso é o momento de reforzarnos con argumentos".

DECRETO DO GALEGO

Máis de 250 equipos de normalización de institutos e colexios esixen que non se derrogue o decreto do galego
Data de publicación: 16/4/2009 (La Voz de Galicia)

Colexios públicos, privados, institutos, escolas de idiomas, centros rurais agrupados ou escolas infantís. En apenas cinco días hábiles máis de 250 equipos de normalización lingüística adheríronse a unha campaña para evitar que o novo Goberno galego derrogue o decreto do galego.

Á fronte desta iniciativa sitúase a recentemente constituída Coordinadora de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística, cuxos obxectivos van máis aló desta campaña puntual. Entre os argumentos apuntados por esta entidade figuran que o decreto desenvolve un plan de normalización que aprobaron por unanimidade todos os partidos do Parlamento galego cando gobernaba o PP e que, ademais, no referido a educación, contou coa participación de representantes das asociacións de pais, do profesorado, das organizacións pedagóxicas e das patronais do ensino concertado.

A tan polémica norma busca que o alumnado acade unha plena competencia lingüística e que poida expresarse oralmente e por escrito nas dúas linguas oficiais, no marco dun ensino plurilingüe, e non unha galleguización como critican algúns sectores. O Decreto 124/2007, aprobado pola Xunta saínte, favorece que cada centro elabore o seu proxecto lingüístico, cun documento que debe ser aprobado polo Consello Escolar e que, polo tanto, require a implicación e o consenso de toda a comunidade educativa. Finalmente, a coordinadora asegura que o anterior decreto (do ano 95) demostrara, como reflicten os resultados do Mapa Sociolingüístico de Galicia, que non respondía aos obxectivos para os que se deseñou.

Este sábado presentaranse no rexistro da Xunta as firmas recibidas ata agora, pero a medida que se vaian recollendo seguiranse achegando apoios. O mesmo día, a coordinadora levará a cabo unha asemblea no Mupega, situado en Santiago. Polo momento, a valoración que fan os coordinadores desta entidade é máis que positiva, xa que as firmas recolléronse en cinco días lectivos, e requírese para esta adhesión a reunión e o consenso dos membros dos equipos de normalización. En Galicia hai uns 1.500 centros educativos, e en teoría todos deben ter este departamento, algo que non se cumpre na práctica.

31/3/09

Reflexións de SUSO DE TORO sobre RAMÓN PIÑEIRO

EL PAÍS, 27/ 03/ 2009


" Tiven a extraña oportunidade de facerlle a última entrevista a Ramón Piñeiro. Unha entrevista extensa publicada logo dentro dun libro, Camilo Nogueira e outras voces. Unha memoria da esquerda nacionalista. Piñeiro foi discutido toda a vida, discutíronselle as súas decisións e mesmo a súa personalidade. Doente terminal, cerrando definitivamente o piso que lle proveera García Sabell na Rúa de Xelmírez en Santiago, sabía que era a última vez que se explicaría ante un micrófono, ante alguén, ante os demais. Ante si propio.

Explicou cada paso con argumentos nidios, cría o que dicía e a súa vida, era iso que explicaba. Represión, clandestinidade, diferenzas e ruptura co exilio, renuncia ao Partido Galeguista, resistencia cultural, diferenzas co nacionalismo, transición, autonomía, a súa idea de Galiza...Xunto a outras persoas, gastara a vida nesas cousas e obrara abnegadamente e con proveito para o país. E, con todo, faltándolle días nada máis, sabendo que todo concluíra, penso que sabía que non era comprendido. Maiormente non era comprendido polo mundo ao que pertencía, o galeguismo, que pasara de ser o seu galeguismo cultural a un nacionalismo dunhas esquerdas que non podía comprender, nin sequera eran unhas esquerdas parecidas ás que el coñecera na República e na clandestinidade. Probablemente se sentise un profeta ou un guía que ficara sen pobo a quen guiar. Non entro en se tiña razón o guía ou o pobo que se lle desmandou.

Piñeiro sabía que o seu sacrificio dera froitos na sociedade e na política. Sen o seu traballo e o dos compañeiros de xerazón política a Galiza actual non existiría deste modo. Aínda que non llo recoñecesen, sabía que tiña razón. Mais estou certo de que tamén sabía no fondo de si unha verdade amarga, o fracaso da vida. Ollando ao redor vería inevitabelmente mal realizadas e mal encarnadas as súas ansias, un puritano incansábel que ollaría con desalento as insuficiencias humanas do seu entorno, deste país. Como pode un idealista que entregou á súa maneira a vida á causa da Galiza non sentirse fracasado?.

Piñeiro ha de ser celebrado este ano como inspirador e autor de moitas cousas, mais a súa vida, como a de quen pretenda cambiar o mundo, é un fracaso."

24/3/09

A VOZ DE RAMÓN PIÑEIRO



"O Consello da Cultura Galega (CCG) distribúe na rede para o seu uso libre, baixo licenza Creative Commons, dez audios con declaracións de Ramón Piñeiro, primeiro presidente do CCG (1983-1990) ao que este ano se lle dedica o Día das Letras Galegas. A colección " Ramón Piñeiro:unha voz na colección do ASG" está composta de dez documentos sonoros con fragmentos de entrevistas, reflexións, programas radiofónicos e intervencións parlamentarias protagonizadas por este polifacético intelectual galeguista."

Isto é o que atopei mergullándome pola Internet (na páxina de lingua de amor) e tedes alí unha escolma da colección sonora sobre Ramón Piñeiro. Visitade o enlace.


15/3/09

POLAFÍA

Aquí tedes o significado de polafía. A información provén da AELGA . As polafías son un proxecto da Asociación de Escritores en Lingua Galega, coordinado polo Vogal de Literatura de Tradición Oral, Antonio Reigosa, que conta coa colaboración de diversas asociacións e institucións. A palabra polafía é un neoloxismo referido ás reunións ou veladas de carácter festivo con contidos literarios e musicais, e ten como obxectivo primordial o rescatar do esquecemento e poñer en valor o valioso patrimonio oral, literario e musical, galego. O termo polafía quere reunir no seu significado o mellor dos diferentes matices e acepcións de vellas palabras (polavilas, fías, fiadas, fiandóns, seráns…) con semellantes contidos. A principal diferenza, en canto ao desenvolvemento, daquelas xuntanzas de antigo co desta nova proposta é que agora podemos, e debemos, axudarnos das novas tecnoloxías, desde os aparellos de gravación, que favorecen o arquivo e estudo do recompilado, ata o uso de novas tecnoloxías, caso de internet, que poden contribuír a unha ampla difusión deste patrimonio. O formato das polafías require a presenza dun mantedor, divulgador ou especialista que introducirá e comentará as principais características das pezas e xéneros literarios amosados, dun recitador de poesía anónima ou de autor de feitío popular; e dun músico, que interpretará romances, coplas ou cantares de raiceiras tradicionais. Sen embargo, o elemento humano transcendental e imprescindible no desenvolvemento de cada polafía constituírano os homes e mulleres, narradores, cantadores, romanceadores… etc, veciñas e veciños de cada lugar onde se desenvolva a polafía, son os auténticos protagonistas, os que xenerosamente transmiten o seu saber.


13/3/09

Modelo Burela

Que é?. Desde fai uns días vense a falar do Modelo Burela. O día 24 de abril de 2008 o pleno do goberno municipal de Burela aprobaba, por unanimidade, un modelo de planificación lingüística , que recolle accións de dinamización non só en galego ou en castelán, senón tamén noutras linguas coma o inglés ou o francés. O plan pretende implicar a todos os chamados axentes sociais do concello ,empresas e outras organizacións.Este video é unha pequena mostra da mestizaxe de xente procedente de 50 nacionalidades(catro continentes) e da consideración do galego como lingua de comunicación. O documental amosa a capacidade de adaptación á realidade sociolingüística da vila da xente que vén de fóra. En Burela a gran maioría da súa poboación fala galego sen complexos e sen leas políticas. Coido que non é unha situación tan allea a nosa zona, non si?

Modelo Burela naceu nas aulas, do traballo dos alumnos e alumnas do IES O PERDOURO

Aquí unha mostra dese documental.

Otra parte dese mesmo documental.

10/3/09

Visita ao Mazo de Ferreiravella




Hoxe pola tarde os alumnos e alumnas de 1º de ESO realizaron unha visita ao Mazo da Fraga, en Ferreiravella. A actividade estaba programada para que os alumnos visen "in situ" o funcionamento dun mazo hidráulico e a rehabilitación dunha ferrería que, ata fai pouco tempo, estaba cuberta de silvas.
Espero que esta saida cultural servise para que se decatansen do rico patrimonio etnográfico que temos na nosa zona.



9/3/09

Propósito

Este blog intenta,desde o nivel básico de aprendizaxe na Internet, servir de ferramenta lingüística para aportar dinamismo, controversia, discusión...Só desde o intercambio, desde a comprensión e desde a necesidade primitiva de comunicación acadaremos un dominio en calquera lingua. É unha cuestión de actitude e de sentimento. Cumplíndose esas dúas premisas, teremos habilidade e competencia lingüística.