25/4/14

INTERCAMBIO IES ENRIQUE MURUAIS CO IES ILLA DE SARÓN

O vindeiro día 6 de maio, os Clubs de lectura da Biblioteca escolar do noso centro, recibirán a visita do Club de lectura do IES Illa de Sarón de Xove, como froito dun intercambio que se programou este curso por primeira vez  entre a Biblioteca escolar , o EDL e o Departamento de Orientación.

Esta visita, devolverána os nosos Clubs de lectura o día 20 de maio que será cando visiten o IES Illa de Sarón.

10/4/14

ESA LUS, UNHA CANCIÓN PARA DÍAZ CASTRO





"Esa lus" é a canción  creada dende o IES Poeta Díaz Castro de Guitiriz para conmemorar o ano do autor homenaxeado neste ano das Letras Galegas.


8/4/14

PUBLICIDADE EN GALEGO

Nova campaña de publicidade en galego por parte de Vegalsa-Eroski que unha vez máis, aposta polo noso idioma para promocionar os seus produtos. A campaña está visible nos grandes valos publicitarios de todas as vilas e cidades onde se atopa esta empresa. Parabéns e a seguir por este camiño.

LETRAS GALEGAS 2014



Neste ano 2014, a figura homenaxeada no Día das Letras Galegas é o poeta lugués Xosé María Díaz Castro. Coincide este co centenario do seu nacemento ( 19-02-1914, O Vilariño, Guitiriz).
Premendo na seguinte ligazón, poderedes atopar interesante información respecto da súa biografía, da súa obra, asi coma o acceso á listaxe dos homenaxeados nesta conmemoración desde 1963



                            .http://www.xunta.es/linguagalega/xose_maria_diaz_castro

Bem Falado - As sete vogais do galego

A RAG NON ACEPTA PULPO COMO PALABRA NORMATIVA

http://www.sermosgaliza.com/articulo/lingua/academia-galega-non-acepta-pulpo-palabra-normativa/20140329080111025826.html

LIBROS EN GALEGO DE BALDE

Este é o enderezo dunha  páxina interesante para baixar libros en galego de balde, en distintos formatos. Podedes clicar sobre o seguinte enlace  para acceder a ela:

                               http://librosengalego.tumblr.com/





PREMIO DO CONCURSO "E SE LLO DIS EN GALEGO?"

O xurado composto por membros do EDL, resolveu concederlle o único e 1º premio á mensaxe de amor máis votada e que correspondeu á alumna de 4º ESO, Nerea Lorenzo García.
A mensaxe gañadora dicía así:
              "Non te confundas, non quero que me fagas feliz; só quero ser feliz contigo"

               

O EDL do IES Enrique Muruais, dálle a noraboa a Nerea e agradece a participación ao alumnado que se  presentou ao concurso á vez que  anima  a seguir participando nos concursos e actividades que vaian saíndo.

2/4/14

O PASO ADIANTE





Moi bonito este vídeo do Equipo de Normalización do IES de Arzúa. Un paso adiante polo galego!!