19/12/14

GAÑADORES CONCURSO POSTAIS DO NADAL

No concurso de postais do Nadal, a tarxeta premiada foi a da alumna Celia Fiallega Gavín de 1º ESO. Esta será a tarxeta coa que imos parabenizar as festas a toda a comunidade educativa. Noraboa Celia!



Pero ademais houbo outr@s premiad@s:

O 2º premio foi para a tarxeta de Laura Fernández Bouso de 2º ESO e o 3º premio compartido ás tarxetas de Felipe Rodríguez García e á de Sara Rodríguez Miranda de 1º ESO.




 Moitas grazas a tod@s pola vosa participación e polos bonitos traballos cos que nos agasallastes!!!





15/12/14

ACTUACIÓN DE LOIS PÉREZ NO IES ENRIQUE MURUAIS

Mañá día 16 de decembro, ás 16:10 h e organizado polo ENDL do IES, contaremos coa presenza de Lois Pérez, narrador oral, que virá agasallarnos coas súas fantásticas historias. 
Como xa sabedes a maioría de vós, Lois  comparte a súa faceta de contador de historias coa profesión de mestre no CEIP de Riotorto, polo que será un pracer, ademais de escoitalo, para todo  seu ex alumnado poder compartir tarde con el.
Gustaravos... seguro!!!



                                        Lois Pérez

2/12/14

ÁS PORTAS DO NADAL

Xa se achegan as datas do Nadal e o ENDL vén de convocar un novo concurso de tarxetas de felicitación con mensaxe. Coma sempre, pídese a participación de tod@s os alumn@s do centro para que poidamos ter moitas para amosar e poder elixir a gañadora, que unha vez máis sería a nosa tarxeta oficial coa que parabenizar a toda a comunidade educativa. Poñede o miolo a funcionar e a ver que deseños nos podedes ofrecer nesta nova edición.
Aquí vos deixamos o cartaz coas bases de participación. LEMBRADE!!! Ata o 12 de decembro podedes entregalas.




26/11/14

24/11/14

ACHEGÁNDONOS AO 25 DE NOVEMBRO

Desde 1999 aprobado pola Asemblea Xeral de Nacións Unidas, cada 25 de novembro celébrase o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.
Nesta data debemos manifestar o noso rexeitamento sobre todo tipo de violencia machista, consecuencia da desigualdade entre homes e mulleres e que supón un grandísimo atentado contra os dereitos fundamentais e os dereitos humanos.

Desde este blog, unímonos a esta causa e queremos que sexa unha homenaxe ás vitimas mortas e unha denuncia contra calquera acto de manifestación violenta contra  as mulleres.

                             CO MALTRATADOR, TOLERANCIA CERO!!!






ENTREGA DE PREMIOS DO SAMAÍN

Hoxe no tempo do recreo, na biblioteca do instituto, o ENDL fixo entrega dos premios polos concursos de cabazas e de relatos pertencentes ao Samaín 2014. Os premios consistiron en vales canxeables por material escolar de 20, 15 e 10 € para os premiad@s no concurso de cabazas, así coma un diploma para cada un; para Felipe e Xoel, gañadores no concurso de relatos de medo, o premio foi duns libros de lectura e un diploma para cada un.  Parabéns a Jairo, Lucía, Marina, Felipe e Xoel polos vosos agasallos!!!



                             
Premios concurso de cabazas (Jairo,Marina e Lucía)




Premios concurso de relatos de medo (Felipe e Xoel)

20/11/14

HISTORIAS ARREDOR DAS BIBLIOTECAS

Amosámosvos os traballos que as nenas e nenos de 1º da ESO fixeron nas clases de Galego para conmemorar o Día das Bibliotecas Escolares. Agardamos que vos gusten!!

17/11/14

PREMIADOS NOS RELATOS DE MEDO SAMAÍN 2014

O xurado formado por membros do ENDL decidiu cal dos traballos presentados ao concurso de relatos de medo foi o premiado nesta edición do Samaín 2014. O agasallo consiste nun lote de libros e un diploma e os concursantes gañadores son Xoel Rodríguez Fernández e Felipe Rodríguez García, alumnos de 1º ESO. O relato gañador leva por título UNHA TERRORÍFICA ACAMPADA.

                           PARABÉNS Xoel e Felipe polo voso traballo!!!

 Ao resto de concursantes, queremos agradecervos a  vosa participación e dicirvos que continuedes co voso labor de escribir e presentar as vosas colaboracións neste tipo de eventos literarios.

Tod@s os que gañastes, tanto no concurso de cabazas como no de relatos de medo,vaisevos avisar esta semana para que recollades os vosos agasallos, así como o lugar e a hora.


                                          MIL GRAZAS A TOD@S!!!

CONCURSO DE CABAZAS SAMAÍN 2014

Xa resolto o concurso de cabazas que fixemos para celebrar o Samaín, temos gañador@s... Son os seguintes:

1º PREMIO:  Jairo Pardo Expósito 2º ESO   Vale de 20 € en material escolar.

2º PREMIO: Lucía Lourido Cigarrán 1º ESO    Vale de 15 € en material escolar.

3º PREMIO: Marina Ramírez de Arellano Luengo 1º ESO    Vale de 10 € en material escolar.

PARABÉNS AOS PREMIAD@S!!!


As demais cabazas presentadas ao concurso tamén estaban chulis, claro que si, pero….agasallos só había para tres… agradecémosvos moitísimo a vosa participación e agardamos que  para a próxima edición vos animedes e participedes máis, porque sen a vosa colaboración isto non se fai posíbel.





1º PREMIO CABAZAS

2º PREMIO CABAZAS

3º PREMIO CABAZAS


13/11/14

CONCURSO DE RELATOS DE MEDO

O concurso aínda non se resolveu.... estamos niso, pero dentro dun par de días tamén se poderá saber quen gañou... estade moi atent@s...

9/11/14

SOÑEMOS COMO GALEGOS!!







Unha vez máis , o compromiso de GADIS cos galeg@s... parabéns!!!

Eu digo... dende o IES de Ribadeo

24/10/14

CONCURSO DE RELATOS DE TERROR E CURTAS DE MEDO NO SAMAÍN

Para este Samaín 2014, o ENDL organiza un concurso de relatos de terror para o alumnado co centro  e tamén vai proxectar unha serie de curtas de medo durante os recreos. Agardamos que participedes cantos máis mellor, neste concurso e tamén que vos gusten as pelis que vexades durante os recreos...UUUHHHH...QUE MEEEDOOOOOO.....




ANÍMATE E PARTICIPA NO SAMAÍN 2014!!

Un ano máis o ENDL do IES organiza o Samaín 2014. Un membro do equipo foi o encargado de elaborar o  cartaz anunciador das actividades que se van facer. Ademais do concurso de cabazas, xa tradicional no centro, tamén haberá concurso de relatos de terror e a proxección de varias curtas, tamén de medo, durante os recreos na semana do 3 ao 7 de novembro. E por suposto que non faltará un decorado axeitado para darlle máis cor a esta festa. Animádevos e participade!!!


Andrei Marián Luculescu (2º ESO)


RECURSOS LINGÜÍSTICOS

Aquí vos deixamos unha serie de recursos lingüísticos da páxina Kit para a normalización en rede




Son ligazóns a recursos para elaborar textos de calidade e para difundir ferramentas útiles para todas as persoas que desexen mellorar os seus escritos: vocabularios, dicionarios, tradutores, correctores, modelos de documentos...

6/10/14

COMEZO DO CURSO E NOVO EQUIPO DE NORMALIZACIÓN

O ENDL do IES Enrique Muruais deste curso 2014-2015 quedou formado polas seguintes persoas:

Profesorado:

Elena Aller González
Mercedes Bouza Fernández
Carmen López Peón (Coord.)
Ángeles Rodríguez Llamazares 


Alumnado:


Andrei Marian Luculescu (2º ESO)
Irene Diaz Alonso (3º ESO)
Tania Pardo Santos (4º ESO)

Patricia Fernández López (1º BAC)

Persoal non docente:
José Chao Vega

17/5/14

MINI E MERO TOCAN PENÉLOPE

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2014

A Real Academia Galega decidiu dedicarlle o Día das Letras Gaegas deste ano ao poeta de Guitirz Xosé María Díaz Castro (1914-1990), autor de NIMBOS (1961) considerada un dos cumes da poesía galega moderna e que consagraría ao seu autor no contexto da literatura galega de postguerra. Este poemario contén  "Penélope", poema amplamente celebrado pola súa beleza e a fonda reflexión sobre Galicia.






     Penélope. X. M. DÍAZ CASTRO

  Un paso adiante i outro atrás, Galiza,
i a tea dos teus sonos non se move.
A espranza nos teus ollos se esperguiza.
Aran os bois e chove.

Un bruar de navíos moi lonxanos
che estrolla o sono mól coma unha uva.
Pro tí envólveste en sabas de mil anos,
i en sonos volves a escoitar a chuva.

Traguerán os camiños algún día
a xente que levaron. Deus é o mesmo.
Suco vai, suco vén, Xesús María!,
e toda a cousa ha de pagar seu desmo.

Desorballando os prados coma sono,
o Tempo vai de Parga a Pastoriza.
Vaise enterrando, suco a suco, o Outono.
Un paso adiante i outro atrás, Galiza!

DÍAZ CASTRO, José María, Nimbos, Vigo, Editorial Galaxia, 1961.


7/5/14

NON SON FADA NIN PRINCESA


Aquí vos deixamos un video da actuación de SÉS  no concerto que ofreceu na Casa da Cultura para o IES Enrique Muruais.

SÉS... PURA RAZA

Co aforo practicamente completo formado polo alumnado do noso centro e o que veu do IES Illa de Sarón de Xove, profesorado dos dous centros de ensino,  mais outra xente que se achegou a vela, ás 16 horas daba comezo o concerto de SÉS na Casa da Cultura da Pontenova. Impresionante o directo desta muller que acompañada do seu guitarrista Tito Calviño, fixo un repaso da súa discografía con temas como Milonga de aquí, Rebelarse a conciencia, Canto aquí, canto na Habana do seu último traballo Co xenio destrozado e outros temas do seu primeiro disco Admirando a condición como De catro a catro, Tola atrás de ti ou Non son fada entre outros.  Ao primeiro expectación dun público, sobre todo o noso, que agardaba ver quen era a cantautora, pero que co paso do tempo durante máis dunha hora que durou o concerto, conectaba con ela animando o resto do tempo. Tamén compartiu connosco uns versos e quixo que a acompañáramos nunha das súas cancións. 
Ao remate da súa actuación, houbo unha sesión de fotos para os que quixeron plasmar eses momentos e unha pequena entrevista que o alumnado de Xove lle quixo facer. Foi unha tarde que de seguro que non esqueceremos.
Deixamos unhas fotos para que as vexades, pero aínda subiremos algún vídeo.






5/5/14

MARTES 6 XORNADA DE INTERCAMBIO IES ENRIQUE MURUAIS - IES ILLA DE SARÓN



PROGRAMA



*      10:20  Chegada do alumnado do IES Illa de Sarón.

*      10:20 -10:50 Recepción e presentación do noso centro e contorna na aula de audiovisuais.


*      11:00 -13:30  Chegada aos Fornos. Recepción pola Concelleira de Turismo. Explicación sobre a orixe da vila e dos Fornos. Roteiro pola vía verde do antigo ferrocarril mineiro.

*      13:30 – 14:30  Xantar campestre na área recreativa de Saldoira.


*      14:30 – 15:30  Volta camiñando á Pontenova.

*      15:30 – 15:45  Chegada á Casa da Cultura e entrada.


*      16:10 – 17:30  Concerto de Sés.


*      17:30 – 17:50  Volta ao instituto e despedida.

2/5/14

CONCERTO DE SÉS NO IES ENRIQUE MURUAIS

Co gallo da celebración do Día das Letras Galegas, o EDL do IES Enrique Muruais  vén de organizar un concerto, xunto coa Biblioteca, da cantautora galega SÉS. Será o día 6 de maio na Casa da Cultura ás 16 horas. Como ese é o día no que alumnado e profesorado do club de lectura do IES Illa de Sarón de Xove nos visita tamén a nós, van ter a oportunidade de vela e escoitala en directo. Agardamos que vos guste o concerto e, por suposto, que animedes moito!!!




25/4/14

INTERCAMBIO IES ENRIQUE MURUAIS CO IES ILLA DE SARÓN

O vindeiro día 6 de maio, os Clubs de lectura da Biblioteca escolar do noso centro, recibirán a visita do Club de lectura do IES Illa de Sarón de Xove, como froito dun intercambio que se programou este curso por primeira vez  entre a Biblioteca escolar , o EDL e o Departamento de Orientación.

Esta visita, devolverána os nosos Clubs de lectura o día 20 de maio que será cando visiten o IES Illa de Sarón.

10/4/14

ESA LUS, UNHA CANCIÓN PARA DÍAZ CASTRO





"Esa lus" é a canción  creada dende o IES Poeta Díaz Castro de Guitiriz para conmemorar o ano do autor homenaxeado neste ano das Letras Galegas.


8/4/14

PUBLICIDADE EN GALEGO

Nova campaña de publicidade en galego por parte de Vegalsa-Eroski que unha vez máis, aposta polo noso idioma para promocionar os seus produtos. A campaña está visible nos grandes valos publicitarios de todas as vilas e cidades onde se atopa esta empresa. Parabéns e a seguir por este camiño.

LETRAS GALEGAS 2014



Neste ano 2014, a figura homenaxeada no Día das Letras Galegas é o poeta lugués Xosé María Díaz Castro. Coincide este co centenario do seu nacemento ( 19-02-1914, O Vilariño, Guitiriz).
Premendo na seguinte ligazón, poderedes atopar interesante información respecto da súa biografía, da súa obra, asi coma o acceso á listaxe dos homenaxeados nesta conmemoración desde 1963



                            .http://www.xunta.es/linguagalega/xose_maria_diaz_castro

Bem Falado - As sete vogais do galego

A RAG NON ACEPTA PULPO COMO PALABRA NORMATIVA

http://www.sermosgaliza.com/articulo/lingua/academia-galega-non-acepta-pulpo-palabra-normativa/20140329080111025826.html

LIBROS EN GALEGO DE BALDE

Este é o enderezo dunha  páxina interesante para baixar libros en galego de balde, en distintos formatos. Podedes clicar sobre o seguinte enlace  para acceder a ela:

                               http://librosengalego.tumblr.com/





PREMIO DO CONCURSO "E SE LLO DIS EN GALEGO?"

O xurado composto por membros do EDL, resolveu concederlle o único e 1º premio á mensaxe de amor máis votada e que correspondeu á alumna de 4º ESO, Nerea Lorenzo García.
A mensaxe gañadora dicía así:
              "Non te confundas, non quero que me fagas feliz; só quero ser feliz contigo"

               

O EDL do IES Enrique Muruais, dálle a noraboa a Nerea e agradece a participación ao alumnado que se  presentou ao concurso á vez que  anima  a seguir participando nos concursos e actividades que vaian saíndo.

2/4/14

O PASO ADIANTE





Moi bonito este vídeo do Equipo de Normalización do IES de Arzúa. Un paso adiante polo galego!!

27/3/14

27 DE MARZO: DIA MUNDIAL DO TEATRO

"Onde quer que exista sociedade humana, maniféstase o irreprimíbel espírito da representación. Nacido da comunidade, viste as máscaras e os traxes das máis variadas tradicións. Aproveita as nosas línguas e ritmos e xestos, e abre espazos entre nós ". (Manifesto de Brett Bailey polo Día Mundial do Teatro 2014)

Imaxe de Leandro Lamas

Como cho digo ;-)

22/3/14

1/3/14

ENTROIDO 2014

http://www.kizoa.es/Video-Maker/d9092552k3733917o1/persoal-do-centro

COMPARSA GAÑADORA ENTROIDO 2014

1º PREMIO COMPARSA 2º ESO

ENTROIDO 2014 NO INSTITUTO

O pasado venres, celebramos o festival do Entroido no noso insti . Comezamos ás 13 horas, logo de rematar o tempo de recreo que foi cando puidemos degustar as larpeiradas que o noso alumnado preparo unas súas casas para o concurso que previamente organizou o Departamento de Actividades Extraescolares. Foi este mesmo departamento o que tamén preparou un karaoke que despois do concurso de comparsas se levou a cabo.
O certo é que todo o alumnado da ESO participou nestas actividades, uns cos postres de Entroido e outros en comparsas. Foi moi divertido ver como os rapaces e rapazas representaban as súas parodias que elaboraron. Resultou gañadora a comparsa de 2º da ESO coa “ Misa”, pero tamén a comparsa formada por alumnado de 4º da ESO xunto con algunha alumna de 3º da ESO,levou un accésit polo traballo e esforzó que fixeron. Os que quedaron sen premio, tamén o fixeron moi ben, pero… a cousa non deu para máis.
O festival foi presentado por Mateo, alumno de 4º ESO. Logo alguna das componentes do xurado, tamén nos sorprenderon cun numeriño musical co que nos fixeron pasar uns bos risos.
O Equipo de Dinamización da Lingua galega quere agradecer ao alumnado a súa particiación neste Entroido 2014 e animarvos a que sigades colaborando para que este tipo de festas tan nosas non desaparezan do noso centro. Grazas tamén ao xurado e a todo o profesorado que nos botou unha man para facelo posíbel.
A continuación, van unas fotos dese festival.


Comparsa de 1º ESO
Comparsa gañadora de 2º ESO
Comparsa de 3º ESO

Comparsa 4º ESO

28/2/14

PRESENTACIÓN DO LIBRO O AGASALLO DE ANYA

O mércores pasado asistimos á presentación do libro O agasallo de Anya na libraría Biblos de Lugo ás 20:00 h . Da Pontenova fomos uns cantos compañeir@s , excompañeir@s e amizades de Sabela para acompañala neste día. Hai que dicir que a Biblos quedeu pequena para acubillar a tanta xente como alí se achegou : antigo alumnado, amig@s,  profesorado doutros centros e moita, moita outra xente.
Despois da presentación do acto, por parte de Francisco Castro, tomou a palabra Sabela que, con certa dose de humor, nos foi contando como xurdiu a idea de escribir este seu primeiro libro. Despois diso, pacientemente, foi asinando a cada persoa o seu exemplar. Foi un acto moi bonito e moi entrañable co que todo o mundo gozou un montón. Noraboa, Sabela... estiveches estupenda coma sempre!!
Aquí vos deixamos unhas fotos dese acto.


27/2/14

ÚLTIMA MENSAXE DO MECO

Para mañá venres e para pechar este Entroido 2014 no noso centro, o MECO pide que se veña co disfrace enteiro.
Lembrar tamén que mañá a partires do recreo temos o festival de comparsas, pero antes xa na planta da entrada imos expoñer e degustar os postres e lambetadas que traeredes feitos da casa. Xa logo un xurado elexirá os mellores.

Despois do concurso de comparsas e para rematar o festival, haberá tamén un concurso de  karaoke con tod@s os/as que vos apuntastes.
As comparsas que actúan serán as seguintes:


  1º ESO - "Unha clase moi tola"
  2º  ESO - " A misa"
  3º ESO - "Café Bar Manolo"
  3º - 4º ESO - "Sóache a túa cara?"

O xurado estará composto por:

   Conchi (profesora de Matemáticas), Loli (profesora de Matemáticas), Patricia (profesora de Francés), Goretti (profesora de Historia) e Carme Peón (profesora de Galego e coordinadora do EDL).

BO ENTROIDO !!!!