25/2/19

LEMBRANDO A ROSALÍA


O día 22 de febreiro celebramos no instituto o Día de Rosalía cun pequeno acto conmemorativo durante o recreo.

O alumnado integrante do ENDL leu diversos poemas pertencentes á obra rosaliana, mentres que alumnas de 3º da ESO acompañaban estas lecturas públicas ao son das notas das gaitas, da pandeireta e dos acordeóns.

Pero anteriormente a este broche final, durante toda a semana leváronse a cabo diversas actividades para  profundizar no coñecemento  da nosa poeta galega.

O alumnado de 1º e 2º ESO elaboraron un estudo cronolóxico da súa vida e da súa obra , mentres que o resto do alumnado desde 3º ESO a 2º BAC  leron os versos máis combativos dunha Rosalía que loitou contra a inxustiza social, o espolio os éxodos ou o abuso laboral… temas moi vixentes aínda hoxe na nosa sociedade. O alumnado de2º BAC fixo a lectura do Manifesto da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, que nesta edición redactou Ana Romaní.  Alumnado 1º de BAC  preparou unha análise do contexto social e literario da época na que viviu Rosalía de Castro: O Rexurdimento.

Elaborouse un photocall  onde se podía contemplar a figura da poeta sobre un fondo do noso instituto.

E unha vez máis,  alumnado de 1º ESO foi o encargado este ano de sacar os versos de Rosalía polas rúas. Establecementos tanto públicos como privados de Riotorto e A Pontenova,  colgaron nas súas paredes e nas súas cristaleiras fermosos poemas rosalianos.

Todas estas actividades foron realizadas colaborando a Biblioteca do centro co Equipo de Normalización e Dinamización da Lingua Galega.

 Deixámosvos testemuña das actividades a través das fotos e de vídeo.







22/2/19

A ONU FALA GALEGO

Por primeira vez na ONU, a nosa lingua, a lingua de Rosalía empregouse nun comunicado oficial.
Podedes lelo premendo Aquí


3/2/19

VISÍTANOS GONZALO MOURE

LECTURA RECOMENDADA A 1º ESO


O pasado 31 de xaneiro, tivemos o pracer de ter connosco ao escritor Gonzalo Moure Trenor nunha actividade conxunta coa Biblioteca e en particular co club de lectura da materia de Música. O alumnado deste club lera El síndrome de Mozart e o alumnado de 1º de ESO da materia de Lingua Galega lera Palabras de Caramelo.

Foi unha charla moi produtiva, na que o escritor compartiu co alumnado as súas vivencias e experiencias tanto as humanas como as literarias; o alumnado interesouse moito facéndolle preguntas porque querían coñecer máis sobre o libro lido.

 O escritor, afincado en Figueiras (Asturias), leva anos unha enorme actividade cultural e de cooperación nos campos de refuxiados saharauis con proxectos tan interesantes como O Bubisher (un bibliobús que leva libros ás aulas dos/das nenos e nenas saharauis), actividade que vai dando a coñecer nas súas visitas aos centros de ensino.

Unha auténtica gozada contar coa súa presenza e que nos contara moitísimas cousas da vida dos nen@s refuxiad@s baseándonos no que coñeciamos da lectura de Palabras de Caramelo.

Dende este blog do Equipo de Dinamización Lingüística queremos darlle as grazas a Gonzalo Moure e dicirlle que pode volver cando o desexe porque charlaremos con el encantad@s.

Deixamos unha ligazón da súa páxina para quen queira saber algo máis do escritor e unas fotos do que foi o seu encontro co alumnado do noso centro.











2/2/19

A CANDELORIA

Di o refrán: "Cando a Candeloria chora, o inverno vai fóra"... a ver se se cumpre o dito.

Vede o que o Portal das Palabras nos informa sobre esta celebración tan nosa. Preme nesta ligazón e poderás saber alguna cousa máis: A CANDELORIA