26/11/14

24/11/14

ACHEGÁNDONOS AO 25 DE NOVEMBRO

Desde 1999 aprobado pola Asemblea Xeral de Nacións Unidas, cada 25 de novembro celébrase o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.
Nesta data debemos manifestar o noso rexeitamento sobre todo tipo de violencia machista, consecuencia da desigualdade entre homes e mulleres e que supón un grandísimo atentado contra os dereitos fundamentais e os dereitos humanos.

Desde este blog, unímonos a esta causa e queremos que sexa unha homenaxe ás vitimas mortas e unha denuncia contra calquera acto de manifestación violenta contra  as mulleres.

                             CO MALTRATADOR, TOLERANCIA CERO!!!






ENTREGA DE PREMIOS DO SAMAÍN

Hoxe no tempo do recreo, na biblioteca do instituto, o ENDL fixo entrega dos premios polos concursos de cabazas e de relatos pertencentes ao Samaín 2014. Os premios consistiron en vales canxeables por material escolar de 20, 15 e 10 € para os premiad@s no concurso de cabazas, así coma un diploma para cada un; para Felipe e Xoel, gañadores no concurso de relatos de medo, o premio foi duns libros de lectura e un diploma para cada un.  Parabéns a Jairo, Lucía, Marina, Felipe e Xoel polos vosos agasallos!!!



                             
Premios concurso de cabazas (Jairo,Marina e Lucía)




Premios concurso de relatos de medo (Felipe e Xoel)

20/11/14

HISTORIAS ARREDOR DAS BIBLIOTECAS

Amosámosvos os traballos que as nenas e nenos de 1º da ESO fixeron nas clases de Galego para conmemorar o Día das Bibliotecas Escolares. Agardamos que vos gusten!!

17/11/14

PREMIADOS NOS RELATOS DE MEDO SAMAÍN 2014

O xurado formado por membros do ENDL decidiu cal dos traballos presentados ao concurso de relatos de medo foi o premiado nesta edición do Samaín 2014. O agasallo consiste nun lote de libros e un diploma e os concursantes gañadores son Xoel Rodríguez Fernández e Felipe Rodríguez García, alumnos de 1º ESO. O relato gañador leva por título UNHA TERRORÍFICA ACAMPADA.

                           PARABÉNS Xoel e Felipe polo voso traballo!!!

 Ao resto de concursantes, queremos agradecervos a  vosa participación e dicirvos que continuedes co voso labor de escribir e presentar as vosas colaboracións neste tipo de eventos literarios.

Tod@s os que gañastes, tanto no concurso de cabazas como no de relatos de medo,vaisevos avisar esta semana para que recollades os vosos agasallos, así como o lugar e a hora.


                                          MIL GRAZAS A TOD@S!!!

CONCURSO DE CABAZAS SAMAÍN 2014

Xa resolto o concurso de cabazas que fixemos para celebrar o Samaín, temos gañador@s... Son os seguintes:

1º PREMIO:  Jairo Pardo Expósito 2º ESO   Vale de 20 € en material escolar.

2º PREMIO: Lucía Lourido Cigarrán 1º ESO    Vale de 15 € en material escolar.

3º PREMIO: Marina Ramírez de Arellano Luengo 1º ESO    Vale de 10 € en material escolar.

PARABÉNS AOS PREMIAD@S!!!


As demais cabazas presentadas ao concurso tamén estaban chulis, claro que si, pero….agasallos só había para tres… agradecémosvos moitísimo a vosa participación e agardamos que  para a próxima edición vos animedes e participedes máis, porque sen a vosa colaboración isto non se fai posíbel.





1º PREMIO CABAZAS

2º PREMIO CABAZAS

3º PREMIO CABAZAS


13/11/14

CONCURSO DE RELATOS DE MEDO

O concurso aínda non se resolveu.... estamos niso, pero dentro dun par de días tamén se poderá saber quen gañou... estade moi atent@s...

9/11/14

SOÑEMOS COMO GALEGOS!!







Unha vez máis , o compromiso de GADIS cos galeg@s... parabéns!!!

Eu digo... dende o IES de Ribadeo