3/5/09

NUNCA XOGUES COA TÚA SORTE

Este conto foi escrito por Laura Gavín

"Era o día de defuntos do ano pasado, cando lle fun levar unhas flores a meu avó ó cemiterio.

Cheguei con toda a normalidade ao cemiterio, pero pareceume raro, para ser o día de defuntos,non ver ningún coche por alí fóra. Pero entrei, con medo, pero entrei. Pensei que de estado dentro non habería medo ningún.

Diante das sepulturas da miña familia había moitos ordenadores e aparellos polo estilo, pero coma na da miña familia había diante de moitas máis. O primeiro que se me ocorreu foi ir buscar ao dono de todo iso, pois supuxen que estaría por alí.Así foi que o atopei, e díxenlle:

- Bos días!. Mire. e que vin poñerlle unhas flores ao meu avó e atopei diante da súa sepultura uns ordenadores, poderíame dicir para que son?.

- Bos días!- díxome mentres facía un sinal para que o seguira ata diante dunha sepultura- Estes son sensores de calor; pulsando aquí- dixo sinalando un botón vermello- diranos se alguén, dende esta sepultura lle emite algún tipo de calor, é dicir, se hai algún tipo de espírito neste cemiterio.

El foi correndo por unha cámara , mentres eu o agardaba alí pasmada, xa que eu pensaba que todo aquilo era un xogo de rapaces, non podía crer o que ía comezar a pensar dese día...

Comezou a gravar e a continuación pulsou o botón vermello e a agulla do sensor comezou a moverse cara o lado vermello...Eu xa sospeitaba que non era moi bo sinal pero,por si acaso, pregunteille se iso era un bo sinal pero el xa me respondeu que non coa cabeza, pero ocorréuseme unha cousa...

- Por favor !- supliqueille- podemos facer isto mesmo diante da tumba do avó?-
- Por suposto-

Os dous dispuxémonos para ir á tumba de meu avó, pero cando chegamos alí, tódolos aparatos estaban desconectados, e outro rapaz e máis eu puidemos ver como se nos apareceu un home que nin e u nin el coñecíamos, pero o peor é o que nos dixo:

- Deixade en paz aos mortos e aos seus espíritos. A vós tampouco vos vai gustar que uns descoñecidos nos veñan a molestar.

Non se me borran as súas palabras da mente. E en canto a min non volvín entrar no cemiterio dende aquel día, pero confío en que este ano poida ir.

Que era o que emitía calor? Por que falaba aquel defunto?. "


No hay comentarios:

Publicar un comentario