26/2/22

ESTIVEMOS DE ENTROIDO!!

 Esta semana, de luns a venres celebramos no IES o Entroido. Houbo animación e tanto profesorado como alumnado, luciron os seus disfraces, tal e como o meco dispuxo.






25/2/22

HOMENAXEANDO A ROSALÍA

 

O día 23 conmemorouse no IES Enrique Muruais o nacemento de Rosalía de Castro. Dende o EDLG decidimos  unirnos un ano máis, ás  suxestións da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega para celebrar esta data.

Nun acto central, durante o recreo, agasallámonos un libro e unha flor entre o profesorado e o alumnado participante. O centro aportou o libro de lectura O Principiño para todas e todos que quixeron sumarse á iniciativa. A biblioteca aportunos as obras disponibles da autora homenaxeada , así como tamén  houbo profesorado que quixo  ceder para a exposición, distintas edicións da obra rosaliana.

Paula, alumna de 1º BAC leu o Manifesto para este día, redactado pola escritora Beatriz Maceda Abeleira.

Ademais nas clases, tamén se fixeron traballos co alumnado tanto a nivel plástico coa confección do mural de Rosalía como coa elaboración de flores que levaban escritos versos das súas obras; traballamos   con poemas e textos narrativos sobre a vida e obra da poeta.

 Estes traballos iranse expoñendo ao longo  do mes de marzo, mes da poesía que rematará o 21 coa conmemoración do Día Mundial da Poesía.




 

19/2/22

PREPARANDO O DÍA DE ROSALÍA

 Xa estamos ás portas do día 23 de febreiro. Este ano esta data  significa "renacemento" para Rosalía de Castro porque, en base ao achado  duns novos  documentos, sóubose que a súa data de nacemento foi un 23 de febreiro e non o 24 como se pensaba e como así indicaba a súa partida de bautismo.

É ademais a primeira vez que se oficializa a celebración do seu día porque aparece no calendario escolar 2021-2022 da Consellería de Educación.

No noso centro estamos preparando a chegada desta efeméride un ano máis.

Deixámosvos tamén un documental da 2 de TVE sobre a nosa escritora, que aínda que está realizado en castelán, é moi interesante. Para velo, preme AQUÍ


ENTROIDO 2022

 Este mes de febreiro tamén vén completo de celebracións. É o mes no que homenaxeamos á nosa poeta Rosalía de Castro o día 23, pero tamén é o mes que dá entrada ao Entroido e nos convida a tod@s a celebrar unha das festas máis representativas e que máis nos une a tod@s @s galegos e galegas. Dende onte venres, será este personaxe, O MECO, que como cada ano nos irá dicindo as ordes que debemos cumprir... facédelle caso ao MECO e preparádevos para desfrutar na vindeira semana que comeza!!

LUNS 21: 




5/2/22

VIDEOCOTIÁN Álvaro 3º ESO. Lévame. Ialma

 Lévame é o tema elixido por Álvaro de 3º ESO co que participa nesta actividade  cun novo vídeo. Está interpretado por un grupo de rapazas, Ialma, cantareiras, afincadas en Bruxelas, galegas de orixe e que, cos seus cantos, recollen o máis tradicional da música galega. Podedes velo se premedes na ligazón.

2/2/22

2 DE FEBREIRO A CANDELORIA

Se queredes máis información sobre a celebración do Día da Candeloria, podedes atopala premendo sobre a seguinte ligazón  do Portal das Palabras


Nos cursos de 1º e 2º ESO, o alumnado buscou información sobre A Candeloria e fixeron traballos na aula de recompilación de refráns ; festa que en Galicia  vén de moi antigo, xa dos tempos dos celtas e que representa o renacer da natureza pola proximidade da primavera. É o día no que os paxariños casan. Dende o EDLG promovemos a recuperación desta efeméride cada 2 de febreiro.








1/2/22

WORDLE GALEGO

Este xogo leva xa uns días arrasando nas redes... anímaste a probalo???

Wordle Galego

#WordleGalego