16/12/12

NADAL 2012


Achégase o Nadal e o EDL do IES Enrique Muruais, coma todos os anos organiza o concurso de postais do Nadal con mensaxe para a ESO e BACH.


Cartel anunciador do concurso de postais do Nadal 2012  (Bea Fiallega)


Nestes días iremos poñendo fotos das postais que elaborou o alumnado e as que resultaran gañadoras.

8/12/12

MUSICALIZANDO A CELSO EMILIO

http://youtu.be/dmTk58ZQtVQ

A REFORMA WERT

A reforma de Wert deixaría o galego como lingua residual no ensino. (Praza Pública)

SENTENZA CONTRA O DECRETO DO PLURILINGÜÍSMO



O Tribunal Supremo vén de ditar sentenza contra algúns puntos do Decreto do plurilingüísmo, en concreto os seguintes:
  • A consulta aos pais, sobre a lingua vehicular que desexaban para os seus fillos, non será en ningún caso vinculante. Será a Consellería quen deba lexislar sobre esta cuestión.
  • Tamén se derroga o punto que lles permitía aos alumnos usar a lingua vehicular que desexasen en cada materia, independentemente da lingua vehicular en que esa materia fose impartida.

  • As reaccións non se fixeron esperar e, como sempre, cada quen interpreta a sentenza ao seu entender. A Xunta, o organismo realmente responsable e que debe acatar o dito pola Xustiza, afirma (inexplicablemente) que a sentenza avala o texto do Decreto, que tamén avalaron os cidadáns nas urnas. Quere isto dicir que non vai acatar a sentenza?


    Se a queredes ler completa e así evitar interpretacións alleas, clicade aquí


    Nós, mentres, seguiremos coa nosa política lingüística: empregaremos a lingua propia con orgullo; respectaremos, aprenderemos e utilizaremos as demais linguas cando sexa necesario e/ou preceptivo: porque as linguas suman; non se exclúen, nin compiten, nin pelexan entre elas.

3/12/12

OBRADOIRO DE LUSOFONÍA

O venres 30 de novembro houbo no centro para o alumnado de 1º e 2º da ESO un Obradoiro de lusofonía que se nos propuxo dende a área de Cultura da Diputación Provincial de Lugo. Encargouse de impartilo Loaira que pertence á Associaçom Galega da Lingua.



Ao alumnado quedoulle claro que se sabemos galego, é moito máis doado aprender portugués e mesmo lles pode abrir as portas, nun futuro, de cara a outros países de fala lusófona.

23/11/12

25 DE NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL CONTRA VIOLENCIA DE XÉNERO







O TSXG anula o artigo do decreto do plurilingüismo que vetaba o ensino do galego en Infantil

19/11/12




     SAMAÍN -MAGOSTO 2012
 


Durante a semana do 5 ao 9 de novembro, no IES Enrique Muruais celebramos o SAMAÍN. Ademais de decorar o centro na entrada do mesmo, tamén fixemos unha exposición de cabazas . O alumnado de 1º ciclo da ESO foi o encargado de traer da casa as cabazas que previamente “tunearon” e os alumnos/as de 3º e 4º da ESO encargáronse de elaborar carteis. Houbo concursos para todo elo, recibindo os gañadores  diplomas como agasallos.
Dende o luns até o xoves,  tamén se fixeron lecturas derelatos de medo por parte do alumnado de 1º ciclo, durante o tempo de recreo e o venres entregáronse os premios aos gañadores dos concursos.
Paralelamente á celebración do SAMAÍN, o venres día 9 despois da entrega de premios aos gañadores dos concursos, todo o alumnado do centro participou en xogos populares: Tiro ao pao, carreiras de sacos, o brilé, aros , bolos celtas e tiro á corda.  O broche á xornada púxoo  un MAGOSTO no que profesorado e alumnado do centro participou… foi un día xenial para todos!!!
Ides poder ver fotos de todo o que fixemos…
 



12/11/12

ALUMNADO DO IES ENRIQUE MURUAIS COA CIENCIA EN GALEGO




Nova que saiu no diario El Progreso do pasado día 8 sobre as actividades de conmemoración do III Día da Ciencia en Galego no Campus Universitario de Lugo ao que asistiu o noso alumnado de Bacharelato.http://elprogreso.galiciae.com/nova/209090.html

III DÍA DA CIENCIA EN GALEGO

 
 
Malia o Decreto do pluringüísmo, no noso IES estamos pola ciencia en galego. O noso alumnado de 1º e 2º de  Bacharelato, asistiu o mércores 7 de novembro  a un programa de actividades, De Leonardo a nós que tivo lugar no Campus Universitario de Lugo.

Este ano a IGACIENCIA (Institución Galega de Ciencia) propuxo centrar a celebración na tecnoloxía e nas figuras de Leonardo da Vinci e mais o galego Ramón Verea, inventor, entre outras cousas, dunha das primeiras calculadoras.

 

SEMANA DO MEDO



Un ano máis achégase a festa do Samaín e no noso IES imos celebralo facendo un concurso-exposición de cabazas para 1º e 2º da ESO e un concurso de carteis para 3º e 4º. Ademais, coma os cursos pasados, decoraremos o centro e faremos lecturas sobre relatos de terror no tempo do recreo ao longo da semana do 5 ao 9 de novembro. Ánimádevos e ide preparando as vosas obras de arte!!