Mostrando entradas con la etiqueta CONTOS E RELATOS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta CONTOS E RELATOS. Mostrar todas las entradas

3/5/09

NUNCA XOGUES COA TÚA SORTE

Este conto foi escrito por Laura Gavín

"Era o día de defuntos do ano pasado, cando lle fun levar unhas flores a meu avó ó cemiterio.

Cheguei con toda a normalidade ao cemiterio, pero pareceume raro, para ser o día de defuntos,non ver ningún coche por alí fóra. Pero entrei, con medo, pero entrei. Pensei que de estado dentro non habería medo ningún.

Diante das sepulturas da miña familia había moitos ordenadores e aparellos polo estilo, pero coma na da miña familia había diante de moitas máis. O primeiro que se me ocorreu foi ir buscar ao dono de todo iso, pois supuxen que estaría por alí.Así foi que o atopei, e díxenlle:

- Bos días!. Mire. e que vin poñerlle unhas flores ao meu avó e atopei diante da súa sepultura uns ordenadores, poderíame dicir para que son?.

- Bos días!- díxome mentres facía un sinal para que o seguira ata diante dunha sepultura- Estes son sensores de calor; pulsando aquí- dixo sinalando un botón vermello- diranos se alguén, dende esta sepultura lle emite algún tipo de calor, é dicir, se hai algún tipo de espírito neste cemiterio.

El foi correndo por unha cámara , mentres eu o agardaba alí pasmada, xa que eu pensaba que todo aquilo era un xogo de rapaces, non podía crer o que ía comezar a pensar dese día...

Comezou a gravar e a continuación pulsou o botón vermello e a agulla do sensor comezou a moverse cara o lado vermello...Eu xa sospeitaba que non era moi bo sinal pero,por si acaso, pregunteille se iso era un bo sinal pero el xa me respondeu que non coa cabeza, pero ocorréuseme unha cousa...

- Por favor !- supliqueille- podemos facer isto mesmo diante da tumba do avó?-
- Por suposto-

Os dous dispuxémonos para ir á tumba de meu avó, pero cando chegamos alí, tódolos aparatos estaban desconectados, e outro rapaz e máis eu puidemos ver como se nos apareceu un home que nin e u nin el coñecíamos, pero o peor é o que nos dixo:

- Deixade en paz aos mortos e aos seus espíritos. A vós tampouco vos vai gustar que uns descoñecidos nos veñan a molestar.

Non se me borran as súas palabras da mente. E en canto a min non volvín entrar no cemiterio dende aquel día, pero confío en que este ano poida ir.

Que era o que emitía calor? Por que falaba aquel defunto?. "


O SOUTO DAS ÁNIMAS

Este conto foi escrito por Román Señor.
"Xoán e Antón eran dous veciños dun pobo da Terra Chá que, unha noite de outono, foron a Vilalba ás mozas. Os dous eran madeireiros e coñecían moi ben os atallos e camiños da zona. Ao volver quixeron tomar o camiño do Souto...Había menos distancia.

Nada máis penetrar na fraga a Xoán pareceulle oír un ruído, como o dunha árbore cando cae.

- Antón, ti oíches iso?
- Eu non escoitei nada- lle dixo con toda normalidade- non te pasarías algo coa bebida?.

Xoán quedou pensativo e cavilou que ao mellor se pasara co viño. Pero entón viu un cadaleito, pero era transportado polo camiño antigo ata o cemiterio. Levábao un carro e era seguido por unha morea de xente con velas na man. “Un enterro”,pensou. Pero eran as tres da mañá.

Cando lle contou o sucedido a Antón, este díxolle que non fixera caso que el non vira nada...Ademais houbo ser cousa da bebida!

Fora ou non a bebida, á mañá seguinte, Xoán, que estaba tronzando madeira, caeulle unha árbore enriba.

Dende aquela din que aquel que ve o seu enterro en vida está máis cerca do ceo que do chan."

29/4/09

UN RECUNCHO PARA A ESCRITURA

Neste recuncho podedes amosar a vosa capacidade creativa. Subiranse tódolos contos, relatos ou poemas que elaboredes.
Non sodes moi participativos...Para que imos facer algo que non é "obrigatorio"?. Esta é a pregunta que facedes a cotío cando se vos presenta a posibilidade de participar nunha actividade.
Polo Magosto houbo un concurso de relatos de medo ou terror. Soamente houbo dous relatos presentados a concurso.
Desde aquí pido que vos animedes a participar e, co tempo, ir facendo unha recompilación de contos, relatos e poemas inéditos.
ÁNIMO!!!