19/12/14

GAÑADORES CONCURSO POSTAIS DO NADAL

No concurso de postais do Nadal, a tarxeta premiada foi a da alumna Celia Fiallega Gavín de 1º ESO. Esta será a tarxeta coa que imos parabenizar as festas a toda a comunidade educativa. Noraboa Celia!



Pero ademais houbo outr@s premiad@s:

O 2º premio foi para a tarxeta de Laura Fernández Bouso de 2º ESO e o 3º premio compartido ás tarxetas de Felipe Rodríguez García e á de Sara Rodríguez Miranda de 1º ESO.




 Moitas grazas a tod@s pola vosa participación e polos bonitos traballos cos que nos agasallastes!!!





15/12/14

ACTUACIÓN DE LOIS PÉREZ NO IES ENRIQUE MURUAIS

Mañá día 16 de decembro, ás 16:10 h e organizado polo ENDL do IES, contaremos coa presenza de Lois Pérez, narrador oral, que virá agasallarnos coas súas fantásticas historias. 
Como xa sabedes a maioría de vós, Lois  comparte a súa faceta de contador de historias coa profesión de mestre no CEIP de Riotorto, polo que será un pracer, ademais de escoitalo, para todo  seu ex alumnado poder compartir tarde con el.
Gustaravos... seguro!!!



                                        Lois Pérez

2/12/14

ÁS PORTAS DO NADAL

Xa se achegan as datas do Nadal e o ENDL vén de convocar un novo concurso de tarxetas de felicitación con mensaxe. Coma sempre, pídese a participación de tod@s os alumn@s do centro para que poidamos ter moitas para amosar e poder elixir a gañadora, que unha vez máis sería a nosa tarxeta oficial coa que parabenizar a toda a comunidade educativa. Poñede o miolo a funcionar e a ver que deseños nos podedes ofrecer nesta nova edición.
Aquí vos deixamos o cartaz coas bases de participación. LEMBRADE!!! Ata o 12 de decembro podedes entregalas.