24/4/09

A UE insiste na necesidade de “defender” a lingua galega

O comisario europeo de Multilingüismo lémbralles aos parlamentarios galegos o seu interese por “promocionar” o idioma.
O comisario europeo de Multilingüismo, Leonard Orban, manifestou onte na capital de Galicia o interese do Executivo comunitario pola preservación e posta en valor das linguas minoritarias, coma é o caso do galego.Orban, que hoxe pronunciará en Santiago unha conferencia sobre o “diálogo” no marco da “aprendizaxe das linguas”, iniciou a súa estancia na capital cunha visita ao Parlamento, onde mantivo un encontro coa presidenta da Cámara, Pilar Rojo, e os tres voceiros parlamentarios.
Ao termo desa xuntanza, o responsable comunitario en materia idiomática suliñou que “as mensaxes fundamentais” que lle “gustaría” enviar “ás autoridades galegas” é que, “a nivel da Unión Europea”, dende o seu departamento estase a facer “todo o posible” para, tendo en conta as “competencias” da Comisión, “defender e promocionar todas as linguas faladas na UE”, tanto as “oficiais” como as “outras, incluídos o galego, o vasco e o catalán”.
Esta información está sacada do XORNAL DE GALICIA do día 24 de abril de 2009.

No hay comentarios:

Publicar un comentario