29/10/15

CONCURSOS SAMAÍN 2015

Durante os días de celebración do Samaín @s nen@s participaron nos concursos de cabazas e de tarxetas de terror. En honor á verdade, temos que dicir que no concurso de cabazas a participación foi moi baixa e tan só puidemos disfrutar vendo unhas poucas. Pola contra, no concurso de tarxetas de terror, o alumnado de 1º da ESO , así coma o de 3º ESO e alumnado de Plástica de 4º ESO participou colaborando na súa elaboración Elsa a profesora de Plástica... moitas grazas Elsa por esa axudiña!

Tamén, coma outros anos, se decorou o centro con moitos motivos coma pantasmas, bruxas, morcegos... con materiais como teas, carautas, sacos, cartolinas e outros que se aproveitaron de anos pasados.

No concurso de relatos de terror, non participou ninguén, pero as nenas e nenos de 2º da ESO prepararon na clase de Galego algunha historia de medo que logo gravaron. Estas historias, en canto pasen uns días xa poderemos subilas ao blog para que poidades velas.

Aquí imos deixarvos algunhas fotos para que poidades ver o que foi o Samaín no centro este curso. Tamén nuns días xa poderemos ensinarvos os nomes dos gañadores tanto das cabazas como das tarxetas.
O Equipo de Normalización e Dinamización da Lingua Galega quere darvos as grazas a tod@s pola colaboración e animávosvos a que sigades participando nos concursos vindeiros que se propoñan, porque sen a vosa participación, non sería posíbel levar isto adiante.


                                             Concurso de cabazas

                                                    Concurso de tarxetas

                                                 Decorado do centro

8/10/15

VAI DE MEDO!!!

Un ano máis volve o Samaín e queremos que tod@s vos preparedes para celebrar esta data tan importante na nosa cultura, asi que puxémonos man á obra...
O EDL vén de preparar as actividades que como cada ano se van realizar no noso centro ...


CONCURSO DE CABAZAS  que coma sempre e coa vosa imaxinación, debedes tunear para que vos queden ben chulas... este ano, pedímosvos que as cabazas que presentedes, veñan SEN BALEIRAR E DECORADAS POR FÓRA para evitar que se estraguen rapidamente.... seguro que se vos ocorren igualmente decorados moi creativos... SERÁ O DÍA 21 DE OUTUBRO  cando debedes traelas.

CONCURSO DE POSTAIS DE TERROR  que como vos indicamos  no cartaz, ten que levar UN LEMA EN GALEGO, sendo libres a técnica e o formato empregados... tedes de prazo ata o 22 DE OUTUBRO.

RELATOS DE TERROR EN EQUIPO... ESCENIFICADOS OU EN MONTAXES DE MOVIE MAKER.


Animávosvos a que participedes porque haberá PREMIOS SINISTROS!!!!






7/10/15

BENVIDOS/AS AO NOVO CURSO 2015-2016

     Aquí estamos de volta!! Un saúdo para tod@s e en especial para @s que se incorporan a este curso 2015-2016. Desde o novo equipo do ENDL queremos invitar a todo o mundo a coñecernos e a achegarvos a nós.
Nesta nova etapa, o equipo do ENDL está formado polas seguintes persoas:


Profesorado:

Elena Aller González
Mercedes Bouza
Carmen López Peón (coordinadora)
Ángeles Rodríguez Llamazares
               
Alumnado: 

Cristian Díaz Fernández (2º ESO)
Sarai López Morado (3º ESO)
Irene Díaz Alonso (4º ESO)
Iuliana Luculescu (1º BACH)
           

Representante da Administración e servizos:

José Vega Chao



    De paso, xa que este ano é Manuel María o autor homenaxeado no Día das Letras Galegas, deixámosvos un anaquiño dun poema del.



                      "Galicia docemente                                  
está ollando o mar:
                                    ten vales e montañas                                     
ten vales e montañas
e terras pra labrar! 
Ten portos, mariñeiros,
cidades e labregos
cargados de traballos,
cargados de trafegos!

Galicia é unha nai
velliña, soñadora:
na voz da gaita rise,
na voz da gaita chora!

Galicia é o que vemos:
a terra, o mar, o vento… "