15/11/17

A PRAIA DAS CATEDRAIS NA LITERATURA



Un traballo feito por alumnado de 2º de Bacharelato do IES Dionisio Gamallo de Ribadeo e baixo a supervisión do profesor Suso F. Acevedo.

APLICACIÓN PARA MÓBIL

Esta web é unha versión reducida do Refraneiro Galego, unha aplicación para móbiles que inclúe máis de 10.000 refráns diferentes e que podes descargar de balde na App Store ou no Google Play. Aquí só atoparás unha pequena mostra, pero cantos máis, mellor :) Se queres participar, envíanos o teu refrán!


 Se queres coñececer un pouco máis, preme AQUÍ

AUGAS TERMAIS EN GALICIA

LINGUAS DO MUNDO

9/11/17

PREMIOS PARA AS CABAZAS

O ENDL decidiu otorgar os premios ás cabazas que participaron neste Samaín 2017. Difícil elección porque todas estaban xenial. Ao remate, os premios quedaron así:


1º PREMIO: A cabaza crocodilo de Carme Alonso de 2º ESO. Recibiu como premio un  fermoso estoxo con material escolar.

2º PREMIO: O caracol de Xacobo  Barrera de 1º ESO. Foi premiado con una caixa de rotuladores e un pendrive.

3º PREMIO: O caracol de Jéssica Mourelle de 1º ESO. Recibiu un agasallo consistente nunha Caixa de ceras e un pendrive.

PREMIO EXTRAORDINARIO: Animais salvaxes de Carme, Marta, Mariña e Uxía de 1º ESO. Foi un agasallo de axendas moi chulas, un pendrive e un divertido calendario do 2018.


   PARABÉNS A TOD@S!!!  MOITAS GRAZAS POLA VOSA PARTICIPACIÓN!!



7/11/17

HAI, FAI, VAI

Hai, fai, vai
O galego e o castelán, como linguas en constante contacto na fala viva, sofren interferencias mutuas. Polo enorme desequilibrio socioeconómico e institucional existente, é o galego quen case sempre sae máis afectado deste rozamento, con perdas de léxico e de expresión autóctonos, con cambios na maneira de dicir algo que nalgúns casos poden ser definitivos. Noutros casos, simplemente con afinar o oído e escoitar as persoas de máis idade, comprobaremos que determinadas formas seguen moi vivas e que é unha mágoa non acollelas no noso vocabulario e expresión persoais. Velaquí o caso dos verbos que definen situacións, cuxo uso é ben distinto en galego e en castelán.
Os españois din “Hace frío, hace años…”
En galego temos diferentes verbos para cada uso. Para referírmonos ao tempo cronolóxico, usaremos o verbo haber: “Hai días que non vexo o meu xefe; dá gusto traballar así”. “Había ben tempo que non comía un arroz con chocos tan substancioso coma este!”
Se falamos de tempo atmosférico, usaremos o verbo ir: “Para ser primavera, vaiche un frío que encolle”. Unha boa regra mnemotécnica para recordarmos isto é o vello ditado que afirma que o frío (ou a calor) non se fai que xa vén feito.
Onde si empregaremos o verbo facer é cando queiramos reparar nun feito temporal concreto. “Fixo onte vinte anos que entrei a traballar na fábrica”. “Cando fas anos, Marcos? Coido que teño o agasallo de aniversario perfecto para ti”


https://dubidasdogalego.wordpress.com/2017/03/23/hai-fai-vai/

6/11/17

NA SEMANA DA CIENCIA EN GALEGO

Queremos deixar constancia do dereito de gozar da CIENCIA en GALEGO cunha viñeta do humorista Luis Davila.



VÍDEO RESUMO DO SAMAÍN-MAGOSTO


LECTURAS DE MEDO


TEMPO DE CABAZAS E CASTAÑAS


A semana pasada celebramos Samaín e Magosto conxuntamente. Durante a semana estiveron expostas cabazas tuneadas polo alumnado para concursar e elixir as gañadoras dos premios. O certo é que difícil seleccionar as mellores porque as presentadas tiñan moito traballo e creatividade.

Durante o recreo do martes, na entrada do centro  fixéronse  lecturas de medo por parte do alumnado de 1º e 2º da ESO.

O Magosto celebrámolo na tarde do martes 31, durante as dúas sesión da tarde. Desde as 15:30 ata as 16:30 houbo degustación de castañas asadas no patio; logo a partires desta hora e ata o remate da tarde, grandes e miúd@s pasámolo moi ben participando nos xogos populares que o Dpto. de Educación Física programou.

 Nestas actividades, ademais, colaboraron o Dpto de Actividades Complementarias e extraescolares así coma o ENDL.

19/10/17

NOVA ANDAINA

Comezamos  unha nova andaina neste curso 2017-2018. Temos novo Equipo de Normalización e Dinamización da Lingua. Este ano está formado polas seguintes persoas:

   Profesorado:
     Cristina Díaz Varela ( coordinadora)
     Ana María Loriente Acebedo
     Blanca María Rodríguez Díaz
    Ángeles Rodríguez Llamazares
   

  Alumnado:
    Javier Hernández Martínez (alumno de 2º ESO)
    Paula Lombardía Castrillón (alumna de 3º ESO)

  Representante da Administración e servizos:

    José Manuel Ginzo García


2/6/17

VÍDEO DA VIAXE A MONTERROSO

Para que vexades un resumo do que foi a nosa viaxe a Monterroso, deixámosvos un vídeo. Esta actividade foi realizada conxuntamente polo EDNL e a biblioteca do noso instituto.
Para ver o vídeo 
Para ver o vídeo preme AQUÍ


VISITA A MONTERROSO

O pasado día 1 de xuño, o alumnado de 1º e 2º ESO ademais da xente pertencente ao club de lectura e ao ENDL devolvímoslles a visita ao IES Monterroso e aló fomos pasar unha xornada de intercambio  estupenda.
Chegamos polas 10:30, era día de mercado en Monterroso e  e recibíronnos o profes e @s alumn@s que xa viñeran días antes á Pontenova.
Despois dos correspondentes saúdos, pasáronnos á biblioteca onde a través dunha presentación de vídeo nos ensinaron moitas cousas do seu pobo e doutras localidades coma Antas de Ulla onde tamén vive parte do alumnado que estuda nese centro. Logo de rematar dita presentación, estivemos comentando sobre libros que leramos en común, sobre os gustos e preferencias de lecturas. Despois disto pasamos á cafetaría do centro onde comemos e tomamos algo porque iamos deseguido comezar a camiñar e a facer unha visita á empresa Alibos onde se comercializa a castaña conxelada tanto da provincia de Lugo coma a de toda Galicia.
 Persoal da empresa ensináronnos todas as instalacións e explicáronnos ao detalle as orixes da empresa que primeiramente naceu comercializando cogomelos, ata que mudou a súa actividade pola da castaña pelada e conxelada, chegando a acadar un volume anual de 5000 t. anuais deste produto tan típico de Galicia.
Soubemos e coñecimos os pasos que se  dan dende o almacenamento do produto, pasando polos controis de calidade, calibrado e selección por tamaño,o pelado e envasado... todo elo con técnicas e maquinaria moderna.Esta empresa é maior exportadora de agricultura ecolóxica de Galicia; contan con soutos de seu, pero teñen que importar castaña doutros países porque a produción que hai preto da fábrica, non dá abastecido á mesma. Nos obxectivos da fábrica están o fomentar as plantacións, que se poida vivir da castaña e así tamén poder fixar a poboación.
Desta fábrica saen moi variados produtos como marrón glacé, crema de castañas, puré de castañas e outros.
Despois de tan interesante visita á empresa Alibos, saímos polas rúas de Monterroso cara á Peneda onde se atopa o club fluvial con piscinas e toda unha área recreativa para pasar unha xornada marabillosa. O percorrido ata chegar á Peneda é moi fermoso cunha contorna natural que che transmite paz e beleza e desde logo é todo un luxo para a vista de calquera. Alí comemos e pasámolo xenial xogando e gozando coa auga da contorna que ademais nos serviu para aliviar a calor que facía ese día. Como tamén hai bar na Peneda, puidemos tomar xeados.
Despois ás 15:30 abandonamos o lugar e nos autobuses que nos transportaba ao alumnado e profes dos dous centros, fomos coñecer o Castelo de Pambre en Palas de Rei, non moi lonxe de onde estabamos.
O Castelo de Pambre foi construído alá polo ano 1345, está situado sobre un enorme penedo e arrodeado por unha muralla. Consta de unha torre alta e ao redor outras catro máis baixas que o arrodean. Foi a única construción deste tipo que resistiu a revolta irmandiña. Este castelo estivo durante tempo pechado ao público por obras de rehabilitación e abriu de novo a suas portas o ano pasado.
E con esta visita, demos por finalizada a nosa estancia en Monterroso e con ela, unha xornada moi especial de convivencia con compañeir@s e profes do instituto. Dende este blog queremos darlles as grazas pola estupenda acollida, por facernos sentir tan ben e por darnos a oportunidade de coñecer parte da comarca da Ulloa.... ah! e por eses doces tan bos cos que nos agasallaron e que puidemos degustar ao día seguinte no noso centro durante o recreo.
Mil grazas a tod@s e sabede que podedes vir visitarnos cando queirades  á Pontenova.


21/4/17

DÍA DO LIBRO 2017

O domingo 23 de abril, celébrase o Día Internacional do Libro e dos Dereitos de Autor.

"O idioma é a forza que nos xungue e sostén; se perdemos a fala non seremos ninguén" M. María


19/4/17

VISITANNOS XOSÉ TOMÁS E YOLANDA CASTAÑO

O martes 25 estará connosco no instituto o ilustrador  Xosé Tomás realizando un obradoiro  para o alumnadoda ESO.
Da mesma maneira, o venres 28 contaremos coa presenza da poeta Yolanda Castaño para realizar co alumnado de 1º, 3º e 4º da ESO un obradoiro de poesía. Actividades todas estas organizadas pola  biblioteca escolar e o ENDL e que se enmarcan dentro do programa Diverxe de obradoiros creativos para centros de ensino.


13/3/17

UNHA VISITA MOI ESPECIAL

Organizada polo EDNL en colaboración co departamento de acividades estraescolares, mércores 15 de febreiro recibimos a Luis Iglesias, actor da serie Matalobos e veciño de Riotorto. Será ás 12:30 horas.


                                     

24/2/17

DÍA DE ROSALÍA

Hoxe 24 de febreiro cúmprese o 180 aniversario do nacemento da nosa poeta, de Rosalía de Castro, referente indiscutíbel das nosas Letras. Un ano máis, queremos reivindicar a súa figura.


                  Airiños, airiños aires;
                  airiños da miña terra
                  airiños, airiños aires
                  airiños levaime a ela.

                                                 

MANNEQUIN CHALLENGE

O IES Enrique Muruais quixo unirse á iniciativa da Academia de Escritoras e Escritores da Lingua Galega (AELG) que propoñía honrar á figura de Rosalía de Castro coa gravación dun mannequin challenge. Este é o resultado da actividade realizada co alumnado desde 1º a 4º da ESO. Agardamos que vos guste.

Para ver, preme AQUÍ

23/2/17

ÚLTIMO DÍA!!

Mañá venres, o último día da semana do Entroido, o  MECO propón....

EXPOSICIÓNS NA SEMANA DO ENTROIDO

Na entrada do centro, no primeiro andar, festexando o Entroido están colocados nos taboleiros distintos motivos referidos non só á decoración coa presenza do MECO que manda as ordes para vir cun disfraz distinto cada día, senón tamén as carautas e antifaces elaborados polo alumnado para concursar así como unha recompilación de cantigas, ladaíñas e ditos propios desta festa. Recóllese tamén nun mapa, as zonas de Galicia nos que esta festa do Entroido adquire unha relevancia absoluta, froito dunhas tradicións moi ancestrais.







22/2/17

SEMANA DE CELEBRACIÓNS

Nesta semana, venres 24 de febreiro tamén se celebra o DÍA DE ROSALÍA para conmemorar o 180 aniversario do seu nacemento. O noso instituto tamén se suma ás celebracións de todos os centros de ensino de Galicia para festexar á escritora, figura esencial da nosa Literatura e do noso idioma.
Nun par de días subiremos a esta páxina  o traballo que entre tod@s fomos elaborando.
Mentres tanto, o EDNL anima a todo o mundo que estea nas redes sociais  a que poña no seu perfil, unha foto de Rosalía.
Podedes velo na nosa conta de Twitter @enmuponte



ORDE DO MECO PARA MAÑÁ XOVES

Case a puntiño de rematar as ordes do MECO, este propón para o penúltimo día...



21/2/17

O MECO MANDA...

Que para mañá mércores...




20/2/17

IMOS A POLO MARTES...

A orde do MECO para mañá martes di que...



pero sen esquecer o gorro/pano/chapeu de hoxe.

CARAUTAS, ANTIFACES...

Dende este pasado venres quedaron expostos as carautas e antifaces do I concurso que celebramos co gallo da celebración do Entroido no centro. Non se animou moito alumnado a participar, pero quen o fixo, amosou creatividade e boas dotes artísticas. Moitas grazas por esa participación e agora agardamos a que o xurado escolla @s tres mellores...sorteeeee



COMEZA A TROULA!!

Luns 20 é o primeiro día da semana do Entroido... imos coller un chapeu, un pano ou un gorro e seguimos as ordes que este ano nos envía o MECO... adiante, a disfrazarse todo o mundo!!!



5/2/17

DÍA DO AMOR

Como sabedes, o vindeiro 14 de febreiro é o Día do amor. Dende o EDNL propoñémosvos facer un chío no Twitter para celebrar ese día que tanto nos gusta. Co hastag #NamórameCoaLingua imos tod@s chiar ben forte... á nosa parella, a un amigo ou amiga, a xente que admiramos...mesmo á nosa mascota... a quen queirades!!
Podedes seguirnos na nosa conta do EDNL no twitter

                          @enmuponte

     

1/2/17

DÍA DA PAZ

O 30 de xaneiro celebramos o Día Internacional da Paz no noso centro. Por parte dos diferentes cursos elaboraron  bandeiras, cartaces e frases alusivas a esta conmemoración. Tamén se expuxeron os paneis dos pacifistas Ghandi e Mandela que están na biblioteca do centro e  que, nesta ocasión, compartiron espazo cos traballos dos alumnos e alumnas.








31/1/17

UNHA BOA NOVA

Pois parece ser que se confirma... despois de que o pleno do Concello de Santiago, aprobase unha declaración institucional para solicitar que o aeroporto da cidade
se chame Rosalía de Castro, Fomento  accede a dita petición, que tamén foi apoiada pola Casa de Rosalía, A Real Academia Galega e outras institucións. Estamos de noraboa.


I CONCURSO DE CARAUTAS DO ENTROIDO

Nesta entrada queremos deixarvos as Bases para poder participar no concurso de carautas:



                                                EDL



BASES
1.      O concurso vai dirixido a todo o alumnado do centro.
2.      Os traballos deberán realizarse nalgún tipo de cartolina, plástico,cartón..ao que se lle poden engadir outros materiais.
3.      O tamaño das carautas non poderá superar o dun folio A4.
4.      A técnica empregada será libre (lapis, ceras, rotuladores, collage...).
5.      O traballos polo seu reverso levaran a identificación do alumno/a.
6.      O prazo de entrega dos traballos remata o venres 17 febreiro. Depositaranse nunha caixa que haberá na entrada da biblioteca.
7.      O xurado que elixa a carauta gañadora estará formado polo EDL.
8.      Haberá premios para as tres mellores carautas.

30/1/17

AÍ VÉN O ENTROIDO

Aínda co mel nos beizos das vacacións do Nadal e xa temos que ir pensando no que nos imos disfrazar para  o Entroido. Este ano será a finais de febreiro, asi que idevos preparando e todo o mundo a deixar voar a imaxinación para ver que nos ofrecedes. Temos como novidade un concurso de carautas no que podedes participar todos os cursos. O deseño máis chulo, máis innovador e con máis colorido será premiado.
Como non, as comparsas que o alumnado prepare para o festival do día 24 tamén serán premiadas e non faltará, como de costume, o noso meco na entrada do centro, que nos vai pedir que durante unha semana contribuamos a vivir unha semana un pouco máis tola polos corredores e polas clases do instituto.
IDEVOS PREPARANDO….


Cartaz de Irene Díaz 1º BACH

13/1/17

CARTAS AO APALPADOR PREMIADAS

Neste 1º Concurso de cartas ao Apalpador, resultaron premiadas co 1º premio a carta de Celtia Dorrío Rico, co 2º premio a da alumna Paula Lombardía Castrillón e co 3º premio a carta de Miriam Fernández Lavandera. As tres alumnas de de 2º de ESO dámoslles os parabéns e a tod@s @s participantes neste concurso, dámoslles as grazas pola súa participación e animámolos a seguir tomando parte neste tipo de eventos.
Deixámosvos ligazóns para que poidades ler as súas cartas:


CARTA CELTIA DORRÍO

CARTA PAULA LOMBARDÍA

CARTA MIRIAM LAVANDERA