17/5/10

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2010


MANIFESTACIÓN DE QUEREMOS GALEGO EN SANTIAGO



Decenas de miles de persoas claman contra a política lingüística da Xunta




Varias decenas de miles de persoas manifestáronse hoxe en Compostela en contra da política lingüística da Xunta, en especial para que retire o borrador de decreto do plurilingüismo, que regulará o uso do galego no ensino non obrigatorio. A marcha foi secundada por máis de cincocentas asociacións culturais, políticas, sociais e sindicais e contou coa asistencia dunhas cen mil persoas, segundo os organizadores. Durante máis de dúas horas os miles de manifestantes percorreron as rúas da capital galega ata chegar á praza do Obradoiro, que encheron por completo.




Berros e pancartas de "En Galicia en galego", "Decretazo Nunca Máis" e "Polo dereito a vivir en galego" retumbaron nas rúas do casco histórico, onde moitos peregrinos e turistas asistían atónitos ó desfile. Para explicarllo, unha vez na praza do Obradoiro, o actor Carlos Blanco e a tamén actriz Isabel Risco dixeron en castelán, inglés, francés e italiano que os manifestantes eran galegos que defendían o dereito a expresarse no seu idioma. "Un idioma universal, legal e brillante", segundo indicou Blanco.

20/4/10

LADAÍÑA DE GALICIA

UXÍO NOVONEYRA : LETRAS GALEGAS 2010

22/2/10

ORGULLOSOS@S DO GALEGO

Este é o vídeo da CGENDL(Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística)

21/1/10

MOBILIZACIÓN EN SANTIAGO CONTRA O DECRETO



Ducias de milleiros de persoas toman Compostela para defenderen a lingua.


Entre os asistentes, moitos nenos, xente nova e políticos, como Guillerme Vázquez e Pachi Vázquez. A folga no ensino non universitario foi seguida por un 90% do profesorado segundo os sindicatos e por menos do 50% segundo os datos da Xunta.


Na manifestación central de Compostela, a pesar do habitual baile de cifras, ninguén discute que participaron ducias de milleiros de persoas. Unha cifra, xa de por si sorprendente, convértese en histórica se se ten en conta que o acto tiña lugar nun día laborábel.


Información extraída de Vieiros e edición dixital da Voz de Galicia.