19/12/13

CONCURSO DE TARXETAS DO NADAL 2013

Ao longo do mes de decembro convocouse o concurso anual de tarxetas do Nadal con mensaxe. A tarxeta gañadora coa que se agasallou a toda a comunidade educativa foi a de Jairo Pardo Expósito. Tamén acadaron premio as tarxetas de Laura Fernández Bouso (1º ESO) e Ildara Maseda Rico (2º ESO)

1º Premio Nadal 2013 . Jairo Pardo Expósito 1º ESO

30/11/13

SAMAÍN - MAGOSTO NO IES ENRIQUE MURUAIS




Jairo 1º ESO, Tania e David de 3º ESO premiados polas súas cabazas

13/11/13

Cartaz anunciador do Concurso de cabazas realizado por Sara Miranda Seivane de 3º ESO.

SAMAÍN E MAGOSTO 2013

Esta semana andamos cos preparativos do Samaín no centro... xa iredes vendo como vai quedar o andar da entrada ao insti: por alí van pulular teas de araña, ratos, morcegos, caveiras... aaaggggg... e como non! tamén cabazas que irán traendo as nenas e nenos porque termos un concurso para as mellores cabazas tuneadas.
A vindeira semana, o alumnado será o encargado de ir lendo relatos de medo nos recreos, asi que non faltedes á cita!!

E ademais estarán expostas as vosas historias de medo, daquel medo ou susto máis grande da vosa vida.
E para o martes 19 na sesión da tarde, teremos competicións deportivas organizadas polo Dpto. de Educación  Física e o magosto que prepara o Dpto. de Actividades Extraescolares coa degustación das castañas que seguro que estarán boísimas.
O EDLG quere dar as grazas a todo o alumnado e profesorado que participa nestes eventos e animarvos a que sigades contribuíndo e aportando o voso gran de area para que este tipo de actividades cada vez estean máis presente na vida do noso IES.

29/10/13

LETRAS GALEGAS 2014




       XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO AUTOR DAS LETRAS GALEGAS 2014

EQUIPO DE NORMALIZACIÓN DA LINGUA GALEGA 2013-2014

O Equipo de Normalización do IES Enrique Muruais 2013-2014 está compost polos seguintes membros:


COORDINADORA:   Carme López Peón


PROFESORADO:

                                  Elena Aller González
                                  Mª Jesús Díaz Rodríguez
                                  Ángeles Rodríguez Llamazares



ALUMNADO:

                               Irene Gómez Gutiérrez (3º ESO)
                               Nerea Lorenzo García (4ºESO)
                               Noemí López Morado (1º BACH)