5/12/15

GRAZAS OU GRACIAS?

A forma grazas é un invento moderno? Vede o que se di neste vídeo


EU SON...

 

"Eu son..." é unha publicación do IES de Curtis que nace cun dobre obxectivo: o de  render homenaxe a Memorias dun neno labrego e por outra banda, "ofrecer un tributo aos nosos antergos, a todas aquelas persoas que teceron coas súas vidas os nosos presentes".



Un fermoso traballo.



 Blog da Biblioteca do IES de Curtis: Eu son...   





                                                                                        .                                                                                  

A ALDEA ENCANTADA

Este é o título que puxeron ao seu relato do Samaín, Sara Rodríguez, Diego, Felipe e Xoel de 2º ESO.

Podedes velo AQUÍ

2/12/15

RELATOS DE TERROR 2º ESO

Un dos concursos que o ENDLG propuxo para celebrar o Samaín deste ano, consistía en crear un relato de terror, escenificalo e gravalo en movie maker, pero parece ser que, por falta de tempo ou a saber por que outras razóns, o alumnado non se animou a facer dita actividade.
Nas clases de Lingua Galega en 2º da ESO, tentouse levar a cabo esta idea, xa fóra de concurso, e estes foron os resultados. Hoxe o vídeo que subimos ao blog, ten como protagonistas a Lorena, Lucía, Mª José e Marina que recrearon esta historia de medo que leva por título "O último xogo". En días sucesivos iremos poñendo outros relatos creados por este alumnado de 2º ESO. Agardamos que vos gusten.

Podedes ver o vídeo AQUÍ

PREMIOS SAMAÍN 2015

Como lembraredes, para o Samaín 2015 no noso centro, houbo dous concursos nos que participastes o alumnado: o de cabazas e o de tarxetas cunha lenda en galego; pois ben, aquí vos deixamos os nomes d@s alumn@s gañadores.



PREMIO DE CABAZAS: Lucas Cabana Novo de 1º ESO

PREMIO DE TARXETAS: Celtia Dorrego Rico de 1º ESO


A entrega de agasallos ao alumnado destes concursos, será o mércores 9 de decembro na biblioteca do centro durante o tempo do recreo.


                  PARABÉNS AOS GAÑADORES!!!!



   Lucas Cabana Novo 1º ESO

                           Celtia Dorrío Rico 1º ESO