3/5/09

O SOUTO DAS ÁNIMAS

Este conto foi escrito por Román Señor.
"Xoán e Antón eran dous veciños dun pobo da Terra Chá que, unha noite de outono, foron a Vilalba ás mozas. Os dous eran madeireiros e coñecían moi ben os atallos e camiños da zona. Ao volver quixeron tomar o camiño do Souto...Había menos distancia.

Nada máis penetrar na fraga a Xoán pareceulle oír un ruído, como o dunha árbore cando cae.

- Antón, ti oíches iso?
- Eu non escoitei nada- lle dixo con toda normalidade- non te pasarías algo coa bebida?.

Xoán quedou pensativo e cavilou que ao mellor se pasara co viño. Pero entón viu un cadaleito, pero era transportado polo camiño antigo ata o cemiterio. Levábao un carro e era seguido por unha morea de xente con velas na man. “Un enterro”,pensou. Pero eran as tres da mañá.

Cando lle contou o sucedido a Antón, este díxolle que non fixera caso que el non vira nada...Ademais houbo ser cousa da bebida!

Fora ou non a bebida, á mañá seguinte, Xoán, que estaba tronzando madeira, caeulle unha árbore enriba.

Dende aquela din que aquel que ve o seu enterro en vida está máis cerca do ceo que do chan."

No hay comentarios:

Publicar un comentario