28/2/14

PRESENTACIÓN DO LIBRO O AGASALLO DE ANYA

O mércores pasado asistimos á presentación do libro O agasallo de Anya na libraría Biblos de Lugo ás 20:00 h . Da Pontenova fomos uns cantos compañeir@s , excompañeir@s e amizades de Sabela para acompañala neste día. Hai que dicir que a Biblos quedeu pequena para acubillar a tanta xente como alí se achegou : antigo alumnado, amig@s,  profesorado doutros centros e moita, moita outra xente.
Despois da presentación do acto, por parte de Francisco Castro, tomou a palabra Sabela que, con certa dose de humor, nos foi contando como xurdiu a idea de escribir este seu primeiro libro. Despois diso, pacientemente, foi asinando a cada persoa o seu exemplar. Foi un acto moi bonito e moi entrañable co que todo o mundo gozou un montón. Noraboa, Sabela... estiveches estupenda coma sempre!!
Aquí vos deixamos unhas fotos dese acto.


2 comentarios:

  1. Moitas, moitísimas grazas por acompañarme!!!
    Grazas a vós, foi un día moi especial e feliz para min.

    ResponderEliminar
  2. Non vira este comentario até agora... nada Sabela, foi un pracer poder estar contigo. Só desexarche que agora que xa es famosa, continúes colleitando moitos éxitos e poidas seguir asinándonos exemplares tan chulos.

    ResponderEliminar