Ola!! Estamos preparando o Nadal deste ano e dende o ENDL en
colaboración coa biblioteca do centro
propoñémovos a participación en dous concursos: o das postais de Nadal como vén
sendo habitual cada ano e, ademais, o I
Concurso de cartas ao Apalpador.
As bases do concurso
de postais xa van incluídas no cartaz que elaborou Irene Díaz Alonso como
integrante do equipo.
![]() |
Cartaz feito por Irene Díaz Alonso (ENDL) |
En canto ás bases para o concurso de cartas, son as
seguintes:
BASES:
1.
Poderá participar todo o alumnado do centro.
2.
As cartas deberán presentarse en DIN A4 como máximo 2 folios por unha cara.
3.
Poderán decorarse as cartas, se se desexa.
4.
Os traballos deberán incluír nome, apelidos e
curso.
5.
As cartas deben redactarse en galego
6.
Valorarase, ademais da corrección dos escritos,
a orixinalidade da mensaxe (a petición para ti ou para a/s persoa/s que
coñeces) e os valores positivos de sensibilidade
e solidariedade que transmitan.
7.
As cartas deberán depositarse nunha caixa de
correo que haberá na entrada da biblioteca.
8.
O prazo de presentación dos traballos será ata o
xoves 15 de decembro.
9.
Haberá premios aos gañadores e por
participación.
AGARDAMOS A VOSA PARTICIPACIÓN!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario