30/11/15

ADEUS A XOSÉ NEIRA VILAS

Esta fin de semana comezaba con malas novas... a noticia do pasamento do autor de Memorias dun neno labrego, que nos  deixaba para sempre e marchaba ao carón da súa compañeira de vida Anisia.
 Xosé Neira Vilas finou na súa casa de Gres, Vila de Cruces aos 87 anos. Autor, asemade, doutras obras moi coñecidas: Cartas a Lelo, Querido Tomás, Cartas no rodicio, O cabaliño de buxo, A Marela taravela e un longo etcétera que abrangue dende a narrativa, ata a  poesía e o ensaio.
Ademais dun grandísimo escritor, comprometido coa lingua,  sufriu a emigración en Cuba e na Arxentina (onde descubriu a súa identidade galega), foi un ser humano excepcional moi solidario co mundo marxinal e coas causas xustas.
O seu corpo foi velado no Panteón dos Galegos Ilustres en San Domingo de Bonaval e o enterro na súa aldea de Gres o sábado pasado.

 Podedes ver máis información AQUÍ







«Eu son Balbino. Un rapaz de aldea. Coma quen di, un ninguén. E ademais, pobre»

No hay comentarios:

Publicar un comentario