Esta fin de semana comezaba con malas novas... a noticia do pasamento do autor de Memorias dun neno labrego, que nos deixaba para sempre e marchaba ao carón da súa compañeira de vida Anisia.
Xosé Neira Vilas finou na súa casa de Gres, Vila de Cruces aos 87 anos. Autor, asemade, doutras obras moi coñecidas: Cartas a Lelo, Querido Tomás, Cartas no rodicio, O cabaliño de buxo, A Marela taravela e un longo etcétera que abrangue dende a narrativa, ata a poesía e o ensaio.
Ademais dun grandísimo escritor, comprometido coa lingua, sufriu a emigración en Cuba e na Arxentina (onde descubriu a súa identidade galega), foi un ser humano excepcional moi solidario co mundo marxinal e coas causas xustas.
O seu corpo foi velado no Panteón dos Galegos Ilustres en San Domingo de Bonaval e o enterro na súa aldea de Gres o sábado pasado.
Podedes ver máis información AQUÍ
«Eu son Balbino. Un rapaz de aldea. Coma quen di, un ninguén. E ademais, pobre».
30/11/15
26/11/15
ACHÉGASE O NADAL...
Estamos ás portas das vacacións do Nadal...xa sabemos que estades estudando moito e que pouco tempo hai para outra cousa que non sexa preparar exames, pero pedímosvos un pequeno esforzo e colaboración entre tod@s para preparar a nosa felicitación deste ano que logo remata.
Un ano máis, queremos que vós sexades @s artífices da tarxeta para parabenizar estas festas a toda a comunidade educativa do IES Enrique Muruais.
Dende o ENDLG propoñémosvos que participedes na elaboración da mesma; as bases están no cartaz que de seguido vos imos subir no blog... iso si!! LEMBRADE que o lema da mesma ten que ser en GALEGO NORMATIVO porque moitas veces hai creacións plásticas moi chulas que non podemos premiar porque non están escritas en GALEGO e isto conta moito á hora de seleccionar as mellores.
Este mesmo cartaz coas bases está exposto polo centro, nos taboleiros.
Queres recibir un agasallo antes do Nadal? Pois ANÍMATE e PARTICIPA!!!
Tedes de prazo ata o día 7 de decembro

Suscribirse a:
Entradas (Atom)