8/2/15

ENTROIDO 2015

O Entroido tamén está a facer a súa chegada e xa temos MECO preparado coa súa primeira orde; mellor dito, temos dúas mecas… as inseparables Mucha e Nucha. Elas dannos a súa consigna para este luns: hai que vir ao instituto con calcetins de cores distintas, por riba do pantalón… estas da casa da Conexa…. Que ocorrencias teñen…




O ENDL e a Biblioteca, quere dar as grazas aos alumnos/as David, Bonia, Irene e Jesús de 4º ESO pola súa carreira contrarreloxo na elaboración do MECO porque sen a súa axuda inestimable non sería posíbel telo xa rematado. Da mesma maneira o fai co alumnado de 1º, 2º e 3º da ESO que estiveron elaborando o montón de corazóns que se fixeron. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario