13/11/13

SAMAÍN E MAGOSTO 2013

Esta semana andamos cos preparativos do Samaín no centro... xa iredes vendo como vai quedar o andar da entrada ao insti: por alí van pulular teas de araña, ratos, morcegos, caveiras... aaaggggg... e como non! tamén cabazas que irán traendo as nenas e nenos porque termos un concurso para as mellores cabazas tuneadas.
A vindeira semana, o alumnado será o encargado de ir lendo relatos de medo nos recreos, asi que non faltedes á cita!!

E ademais estarán expostas as vosas historias de medo, daquel medo ou susto máis grande da vosa vida.
E para o martes 19 na sesión da tarde, teremos competicións deportivas organizadas polo Dpto. de Educación  Física e o magosto que prepara o Dpto. de Actividades Extraescolares coa degustación das castañas que seguro que estarán boísimas.
O EDLG quere dar as grazas a todo o alumnado e profesorado que participa nestes eventos e animarvos a que sigades contribuíndo e aportando o voso gran de area para que este tipo de actividades cada vez estean máis presente na vida do noso IES.

No hay comentarios:

Publicar un comentario