O ENDL conmemorou o Día da Paz e Non Violencia xunto cos
Departamentos de Filosofía e EPV coa exposición de traballos feitos polo
alumnado de diversos cursos. No andar da entrada ao centro, estivo presente
durante a semana do evento a exposición deses traballos.
31/1/19
18/1/19
ENTREGA DE PREMIOS DO NADAL
A coordinadora do ENDL, Carme Peón, fixo entrega dos premios ao alumnado gañador do concurso de tarxetas do Nadal.
Antía, Marcos e Nuria foron @s alumn@s gañadores. NORABOA!!
Antía, Marcos e Nuria foron @s alumn@s gañadores. NORABOA!!
14/1/19
23/12/18
BO NADAL!
Rematamos este primeiro trimestre co concurso de postais de Nadal. Durante as dúas últimas semanas, o alumnado confeccionou as súas, ben por libre ou axudados pola profesora de Plástica na súa aula.
Coma todos os anos,houbo bastante participación e a postal gañadora coa que se felicita a toda a comunidade educativa foi a de Antía Cabodevila Gutiérrez de 3º da ESO...noraboa Antía!
Todas estaban moi ben e foi difícil elixir cales eran as finalistas. En 2º lugar quedou a de Marcos Macía González de 1º ESO e en 3º lugar a da alumna de 1º da ESO, Nuria Torre Monasterio. Noraboa tamén a vós. Á volta das vacacións farásevos a entrega dos agasallos.
Dende o ENDL queremos darvos as grazas a tod@s @s que participastes polo voso bo labor, a ilusión e o tempo invertido en facer as vosas creación. Animávosvos a seguir participando nestas actividades tan lúdicas e motivadoras.
Dende este mesmo recuncho, aproveitamos para desexarlle a toda a comunidade educativa do IES Enrique Muruais un feliz Nadal e un próspero aninovo 2019.

| Antía Cabodevila Gutiérrez 3ºESO |
21/12/18
CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL 2018
11/12/18
OBRADOIRO DE REGUEIFA
Dende Bergantiños chegaron Lupe Blanco e Óscar García para
facer co alumnado de 1º e 2º da ESO un obradoiro de poesía. Durante 90 minutos
estiveron connosco amosándonos a súa arte, regueifando e ensinándonos a facelo
nós.
Despois de presentarse en modo copla, tamén quixeron que @s
alumn@s comprobasen como esta é unha arte onde se improvisa e nada está
preparado. Despois dunha introdución teórica na que explicaron no que consistía
esta arte, tocou pasar a unha parte práctica na que nenos e nenas inventaron as
súas estrofas e deseguido regueifaron.
Resultou unha tarde moi amena , o alumnado divertiuse un
montón e comprobou que a poesía non ten por que ser aburrida nin seria.
Cremos que tanto Lupe como Óscar tamén o pasaron moi ben… dende
este blog queremos agradecerlles a súa visita e prometemos seguir regueifando e
inventando moitas coplas.
5/12/18
VISÍTANOS LUPE BLANCO
Nun intento de achegar a poesía ás aulas, partindo do noso
patrimonio e tradición, da nosa cultura, fomentando a
vea artística e creativa do alumnado e mellorando o emprego da lingua no
que se refire especialmente á destreza oral, o martes 11 nas dúas sesión da
tarde imos ter no centro a Lupe Blanco impartindo
ao noso alumnado de 1º e 2º da ESO un Obradoiro
de regueifa.
Para quen non saiba o
que é o mundo da regueifa ou ben desexe
ampliar os seus coñecementos, deixámosvos unha ligazón onde podedes consultar.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)