24/10/14

CONCURSO DE RELATOS DE TERROR E CURTAS DE MEDO NO SAMAÍN

Para este Samaín 2014, o ENDL organiza un concurso de relatos de terror para o alumnado co centro  e tamén vai proxectar unha serie de curtas de medo durante os recreos. Agardamos que participedes cantos máis mellor, neste concurso e tamén que vos gusten as pelis que vexades durante os recreos...UUUHHHH...QUE MEEEDOOOOOO.....




ANÍMATE E PARTICIPA NO SAMAÍN 2014!!

Un ano máis o ENDL do IES organiza o Samaín 2014. Un membro do equipo foi o encargado de elaborar o  cartaz anunciador das actividades que se van facer. Ademais do concurso de cabazas, xa tradicional no centro, tamén haberá concurso de relatos de terror e a proxección de varias curtas, tamén de medo, durante os recreos na semana do 3 ao 7 de novembro. E por suposto que non faltará un decorado axeitado para darlle máis cor a esta festa. Animádevos e participade!!!


Andrei Marián Luculescu (2º ESO)


RECURSOS LINGÜÍSTICOS

Aquí vos deixamos unha serie de recursos lingüísticos da páxina Kit para a normalización en rede




Son ligazóns a recursos para elaborar textos de calidade e para difundir ferramentas útiles para todas as persoas que desexen mellorar os seus escritos: vocabularios, dicionarios, tradutores, correctores, modelos de documentos...

6/10/14

COMEZO DO CURSO E NOVO EQUIPO DE NORMALIZACIÓN

O ENDL do IES Enrique Muruais deste curso 2014-2015 quedou formado polas seguintes persoas:

Profesorado:

Elena Aller González
Mercedes Bouza Fernández
Carmen López Peón (Coord.)
Ángeles Rodríguez Llamazares 


Alumnado:


Andrei Marian Luculescu (2º ESO)
Irene Diaz Alonso (3º ESO)
Tania Pardo Santos (4º ESO)

Patricia Fernández López (1º BAC)

Persoal non docente:
José Chao Vega

17/5/14

MINI E MERO TOCAN PENÉLOPE

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2014

A Real Academia Galega decidiu dedicarlle o Día das Letras Gaegas deste ano ao poeta de Guitirz Xosé María Díaz Castro (1914-1990), autor de NIMBOS (1961) considerada un dos cumes da poesía galega moderna e que consagraría ao seu autor no contexto da literatura galega de postguerra. Este poemario contén  "Penélope", poema amplamente celebrado pola súa beleza e a fonda reflexión sobre Galicia.






     Penélope. X. M. DÍAZ CASTRO

  Un paso adiante i outro atrás, Galiza,
i a tea dos teus sonos non se move.
A espranza nos teus ollos se esperguiza.
Aran os bois e chove.

Un bruar de navíos moi lonxanos
che estrolla o sono mól coma unha uva.
Pro tí envólveste en sabas de mil anos,
i en sonos volves a escoitar a chuva.

Traguerán os camiños algún día
a xente que levaron. Deus é o mesmo.
Suco vai, suco vén, Xesús María!,
e toda a cousa ha de pagar seu desmo.

Desorballando os prados coma sono,
o Tempo vai de Parga a Pastoriza.
Vaise enterrando, suco a suco, o Outono.
Un paso adiante i outro atrás, Galiza!

DÍAZ CASTRO, José María, Nimbos, Vigo, Editorial Galaxia, 1961.