8/12/21
VIDEOCOTIÁN
Como o prometido é débeda, comezamos a publicación dos vídeos que nos van chegando do alumnado. Os que ides ver, son os recibidos no mes de novembro. A finais de decembro, subiremos os deste último mes do ano.
Grazas por participardes!!
3/12/21
A CIENCIA TAMÉN FALA GALEGO
O noso alumnado maioritariamente é galego, fala galego e comunícase en galego…nas artes literarias, nas plásticas e tamén nas ciencias.
Con motivo da celebración do Mes da Ciencia en Galego,deixámosvos unhas mostras do que fixeron os departamentos de Física-Química e Bioloxía-Xeoloxía co alumnado.
O departamento de Física e Química propúxolles ao alumnado de 3º ESO facer unha lámpada de lava e realizaron diversas mesturas con auga e aceite para o estudo das disolucións, mentres que en 4º ESO practicaron o Principio de Arquímedes.
O departamento de Bioloxía e Xeoloxía tamén realizou as súas prácticas co alumnado de Bacharelato.
29/11/21
Concurso de Postais do Nadal
O EDLG do noso centro, convoca como cada ano o tradicional Concurso de Postais polo Nadal.Animádevos a participar porque os gañadores as tres mellores postais, levarán premios en material escolar!! Tedes de prazo para a entrega até o día 10 de decembro.
Ah...e non esquezades que o VENRES 17 entregaremos os premios do concurso de cabazas e tamén o de postais.
26/11/21
25 N NO IES ENRIQUE MURUAIS
Este 25N no centro levouse a cabo unha serie de actividades para visibilizar o apoio ás vítimas da violencia de xénero.Ademais de cartaces nas portas e nas paredes realizados polo alumnado, tamén se leu un manifesto feminista rexeitando a violencia contra as mulleres e nun acto simbólico ao redor de 37 cadeiras baleiras que representan as 37 mulleres asasinadas polo machismo no que vai de ano, tamén se gardou un minuto de silencio.
17/11/21
PASAMENTO DE DARÍO XOHAN CABANA
Faleceu o grande escritor lugués Darío Xohan Cabana.Déixanos o seu inmenso traballo literario e o seu compromiso coa cultura. Que a terra lle sexa leve.
14/11/21
VIDEOCOTIÁN
VIDECOTIÁN é unha iniciativa do EDLG para dar a coñecer e espallar a música galega de todos os tempos. Anímaste a participar? Colle o móbil e comeza a gravar!! Unha ocasión calquera, grava un momento do día, unha paisaxe ou obxecto que che chame a atención e envíanos ao EDLG un vídeo teu cun fondo musical en galego, pop,rock, rap, músical tradicional… Podes consultar as bases no taboleiro da túa clase.
Que soe a música!!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

