12/11/12
ALUMNADO DO IES ENRIQUE MURUAIS COA CIENCIA EN GALEGO
Nova que saiu no diario El Progreso do pasado día 8 sobre as actividades de conmemoración do III Día da Ciencia en Galego no Campus Universitario de Lugo ao que asistiu o noso alumnado de Bacharelato.http://elprogreso.galiciae.com/nova/209090.html
III DÍA DA CIENCIA EN GALEGO
![]() |
Este ano a IGACIENCIA (Institución Galega de Ciencia) propuxo centrar a celebración na tecnoloxía e nas figuras de Leonardo da Vinci e mais o galego Ramón Verea, inventor, entre outras cousas, dunha das primeiras calculadoras.
SEMANA DO MEDO
Un ano máis achégase a festa do Samaín e no noso IES imos celebralo facendo un concurso-exposición de cabazas para 1º e 2º da ESO e un concurso de carteis para 3º e 4º. Ademais, coma os cursos pasados, decoraremos o centro e faremos lecturas sobre relatos de terror no tempo do recreo ao longo da semana do 5 ao 9 de novembro. Ánimádevos e ide preparando as vosas obras de arte!!
11/11/11
CELEBRACIÓN SAMAÍN-MAGOSTO

Esta semana no IES celebramos a festa do Samaín e do Magosto. Durante toda a semana fíxose o IV concurso-exposición de cabazas correspondente aos cursos de 1º e 2º ESO e o I concurso de carteis para os cursos de 3º e 4º ESO e 1º e 2º BACHARELATO. Tamén contamos cunha exposición de libros de terror no andar da entrada. Hoxe, se o tempo o permite, haberá actividades deportivas de bolos celtas, petanca, tiro ao pao, aros, zancos, tirar á corda e carreiras de sacos. Ao remate, no patio do centro degustaremos castañas asadas... Boa xornada e a divertirse!!! Subiremos fotos nuns días.
5/11/11
17/5/10
DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2010

MANIFESTACIÓN DE QUEREMOS GALEGO EN SANTIAGO
Decenas de miles de persoas claman contra a política lingüística da Xunta
Varias decenas de miles de persoas manifestáronse hoxe en Compostela en contra da política lingüística da Xunta, en especial para que retire o borrador de decreto do plurilingüismo, que regulará o uso do galego no ensino non obrigatorio. A marcha foi secundada por máis de cincocentas asociacións culturais, políticas, sociais e sindicais e contou coa asistencia dunhas cen mil persoas, segundo os organizadores. Durante máis de dúas horas os miles de manifestantes percorreron as rúas da capital galega ata chegar á praza do Obradoiro, que encheron por completo.
Berros e pancartas de "En Galicia en galego", "Decretazo Nunca Máis" e "Polo dereito a vivir en galego" retumbaron nas rúas do casco histórico, onde moitos peregrinos e turistas asistían atónitos ó desfile. Para explicarllo, unha vez na praza do Obradoiro, o actor Carlos Blanco e a tamén actriz Isabel Risco dixeron en castelán, inglés, francés e italiano que os manifestantes eran galegos que defendían o dereito a expresarse no seu idioma. "Un idioma universal, legal e brillante", segundo indicou Blanco.
20/4/10
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
