Agardamos que a Real Academia Galega continúe na loita e defensa da nosa lingua.
Preme AQUÍ para ver a nova
31/3/15
30/3/15
O GALEGO É DE TODOS
E este é o vídeo que resultou gañador do Correlingua 2015, A autoría do mesmo corresponde ao CPR Sagrada Familia de Aldán. Un rap e un vídeo moi traballados. PARABÉNS!!!
29/3/15
COMUNICADO MOI OPORTUNO DA COORDINADORA DE ENDLG
A Coordinadora Galega de equipos de normalización e dinamización lingüística publica un comunicado imprescindible e oportunísimo. Cousas que debería ter presente toda institución que vaia sentar a "consensuar" con Feijoo:
COMUNICADO DA COORDINADORA DE ENDLG
COMUNICADO DA COORDINADORA DE ENDLG
28/3/15
22/3/15
NOVO LIBRO DA SAGA DRAGAL
Dentro de poucas semanas, en abril, vai saír o novo libro da saga DRAGAL e que se titula Dragal IV "A estirpe do dragón". Pero por se fora pouco, hai en marcha un proxecto audiovisual sobre a triloxía e ademais tamén están traballando para que este famoso dragón autóctono sexa a figura estelar nun futuro, tanto en cómic como en xogos interactivos.
Deixamos unha mostra do que está por vir neste proxecto audiovisual da autora da triloxía, Elena Gallego Abad.
Preme AQUÍ para ver o vídeo.
Deixamos unha mostra do que está por vir neste proxecto audiovisual da autora da triloxía, Elena Gallego Abad.
Preme AQUÍ para ver o vídeo.
HAI COUSA PEOR QUE ESTUDAR GALEGO?
Este artigo de Francisco
Cidrás ( director do departamento de Filoloxía Galega na USC), foi
pubricado por Praza Pública a finais
do ano pasado,. Nel analiza o tratamento
que lles dan os medios de comunicación e o Ministerio de Educación aos datos
sobre a inserción laboral dos licenciad@s en galego.
Parabéns ao seu autor, artigo que debería ser de obrigada
lectura para todos os membros dos departamentos de Orientación dos IES galegos
e para todo o alumnado de Bacharelato para que @s alumn@s coñezan toda a
información.
Preme AQUÍ para poder lelo.
18/3/15
DÍA DA IGUALDADE
O alumnado de 2º de Bacharelato realizou un traballo co nome DÍA DA IGUALDADE na materia de Lingua Galega no que abordaron aspectos nos que hai que traballar para acadar a igualdade na vida cotiá entre mulleres e homes dos países desenvolvidos.
Para velo, preme en VÍDEO
Outros aspectos que tamén trataron foron as distintas manifestacións da violencia contra a muller no terceiro mundo, así como a necesidade de traballar a autoestima e a formación persoal para conquistar a igualdade e a liberdade como persoa.
16/3/15
GALEGO, LINGUA POR DEFECTO
Suso Acevedo é Licenciado en Filoloxía Galego-Portuguesa pola USC e profesor de ensino secundario no IES de Ribadeo. Recentemente escribiu este artigo que podedes ler premendo na ligazón seguinte
ARTIGO
ARTIGO
8/3/15
8 DE MARZO DÍA DA MULLER TRABALLADORA
Dende o ENDL do noso instituto queremos facer unha homenaxe a todas as mulleres galegas... ás que se foron que xa non están connosco e ás que seguen a loitar pola nosa dignidade, ás mulleres libres e creadoras do noso destino. Neste 8 de marzo, unha lembranza moi especial para a escritora Begonha Caamaño moi presente sempre nos corazóns de todas.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)