Os premios entregaranse o venres 17 de decembro durante o recreo no andar da entrada.
Moitas grazas a todo o alumnado participante!!! Parabéns ás gañadoras
![]() |
| Autora: Inés González 2º ESO |
Recibimos o mes de novembro coa celebración do Samaín, que no noso centro se fixo na semana do 25 ao 29 de outubro . O venres 29, alumnado e profesorado do centro viñeron ao instituto disfrazados.
Houbo exposición e concurso de cabazas e tamén no andar da entrada, durante os recreos, puideron visualizar vídeos e escoitar música sobre esta efeméride.
Xa nas aulas, o alumnado elaborou noxentas receitas de cociña e tamén en 2º ESO fixeron un traballo de investigación sobre a mitoloxía tradicional relativa a esta conmemoración.
Deixamos unhas fotos de mostra.
A narradora oral Charo Pita, pon voz aos contos de Gianni Rodari, preservando a tradución orixinal de Xela e Valentín Arias.
Preme AQUÍ
Esa andaina da que vos falabamos dá comezo neste 2021-2022 con novos/as membros. O equipo está configurado polas seguintes persoas:
Profesorado
Alumnado
Estamos de volta e seguimos de andaina, co novo equipo deste ano académico, explorando novos camiños, con moitos azos porque queremos e desexamos que a nosa lingua e a nosa fala, parafraseando a Cunqueiro, dure mil primaveiras máis.
Pois iso, a modo de benvida, lembramos para todas/os parte do discurso que deu o autor mindoniense en Vigo aló polo ano 1980 nunha homenaxe que lle deron.
Eu quixen e
quero que a fala galega durase e continuase, porque a duración da fala é a
única posibilidade de que nós duremos como pobo. Eu quixen que Galicia
continuase e, ao lado da patria terrenal, da patria que son a terra e os
mortos, haxa estoutra patria que é a fala nosa. Se de min algún día, despois de
morto, se quixese facer un eloxio, e eu estivese dando herba na terra nosa,
podería dicir a miña lápida: "Eiquí xaz alguén que coa súa obra fixo que
Galicia durase mil primaveras máis".
O departamento de Lingua Galega xunto co EDLG celebrou as Letras Galegas en homenaxe a Xela Arias con diversas actividades que levaron a cabo co alumnado da ESO e de BAC.
En 1º e 2º ESO participaron na pescuda e selección de información sobre a vida e obra da escritora luguesa que naceu en Sarria en 1962 e morreu en Vigo á idade de 41 anos. Ademais, realizaron actividades variadas (pasapalabras e pasatempos) que axudaron ao afianzamento sobre o coñecemento da figura de Xela Arias. Tamén realizaron a nivel plástico portadas das súas obras e dalgunhas das súas traducións.
Por outra banda, crearon nubes de palabras con versos da poeta. Todo este material, quedou exposto no andar da entrada do centro.
En 3º e 4º da ESO levaron a cabo
actividades de escape room para coñecer e indagar sobre a biografía e obra da
homenaxeada. Elaboraron pasatempos (crucigramas,
sopas de letras, sopas de números e xerogríficos) sobre datos da vida e obra de
Xela.
O alumnado de 4º
traballou a linguaxe publicitaria para promocionar a figura de Xela Arias.
En 1º BAC o alumnado
investigou sobre a figura da escritora na aula de informática, a través dunha
web quest que serviu como guión para seguir, por parellas, cun concurso en
kahoot baseado nas preguntas da web quest.
Do mesmo xeito, por
parellas, escolleron un poema de Xela Arias que recitaron e lle deron a súa
interpretación, xustificando a súa escolla.
Ademais durante toda a
semana de celebración das Letras Galegas se estivo proxectando durante os
recreos o documental XELA ARIAS. A PALABRA ESGAZADA xunto coa música de Germán Son, Clara Pino e Pablo Vidal ou A Banda da Loba.