O departamento de Lingua Galega xunto co EDLG celebrou as Letras Galegas en homenaxe a Xela Arias con diversas actividades que levaron a cabo co alumnado da ESO e de BAC.
En 1º e 2º ESO participaron na pescuda e selección de información sobre a vida e obra da escritora luguesa que naceu en Sarria en 1962 e morreu en Vigo á idade de 41 anos. Ademais, realizaron actividades variadas (pasapalabras e pasatempos) que axudaron ao afianzamento sobre o coñecemento da figura de Xela Arias. Tamén realizaron a nivel plástico portadas das súas obras e dalgunhas das súas traducións.
Por outra banda, crearon nubes de palabras con versos da poeta. Todo este material, quedou exposto no andar da entrada do centro.
En 3º e 4º da ESO levaron a cabo
actividades de escape room para coñecer e indagar sobre a biografía e obra da
homenaxeada. Elaboraron pasatempos (crucigramas,
sopas de letras, sopas de números e xerogríficos) sobre datos da vida e obra de
Xela.
O alumnado de 4º
traballou a linguaxe publicitaria para promocionar a figura de Xela Arias.
En 1º BAC o alumnado
investigou sobre a figura da escritora na aula de informática, a través dunha
web quest que serviu como guión para seguir, por parellas, cun concurso en
kahoot baseado nas preguntas da web quest.
Do mesmo xeito, por
parellas, escolleron un poema de Xela Arias que recitaron e lle deron a súa
interpretación, xustificando a súa escolla.
Ademais durante toda a
semana de celebración das Letras Galegas se estivo proxectando durante os
recreos o documental XELA ARIAS. A PALABRA ESGAZADA xunto coa música de Germán Son, Clara Pino e Pablo Vidal ou A Banda da Loba.
No hay comentarios:
Publicar un comentario