O IES Enrique Muruais
acolleu hoxe día 21 de marzo a visita de dúas mulleres moi especiais: María
Lado e Lucía Aldao. Ofrecéronnos un espectáculo ao longo dunha hora cheo de versos,
música e humor. Damos conta da actividade
a través destas fotos e un vídeo que amosa o resultado dun poema que se
elaborou (partindo de versos soltos de diferentes poetas) entre todo o alumnado do centro que participou na actividade. Alumnas e
alumnos asistentes quedaron encantad@s
cunha sesión poética que bota abaixo e desmitifica a idea de que a poesía é
aburrida, amosándonos estas artistas a vertente máis lúdica da creación
poética.
Este acto organizado polo Equipo de Normalización e
Dinamización Lingüística, xunto coa Biblioteca do centro e o Dpto. de Lingua
Galega, forma parte das actividades que se organizaron para celebrar o Día
Internacional da Poesía.
Moitas grazas pola vosa visita, María e Lucía!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario