A semana pasada celebramos Samaín e Magosto conxuntamente.
Durante a semana estiveron expostas cabazas
tuneadas polo alumnado para concursar e elixir as gañadoras dos premios. O
certo é que difícil seleccionar as mellores porque as presentadas tiñan moito
traballo e creatividade.
Durante o recreo do martes, na entrada do centro fixéronse
lecturas de medo por parte do
alumnado de 1º e 2º da ESO.
O Magosto celebrámolo na tarde do martes 31, durante as dúas
sesión da tarde. Desde as 15:30 ata as 16:30 houbo degustación de castañas
asadas no patio; logo a partires desta hora e ata o remate da tarde, grandes e
miúd@s pasámolo moi ben participando nos xogos populares que o Dpto. de Educación Física programou.
Nestas actividades,
ademais, colaboraron o Dpto de
Actividades Complementarias e extraescolares así coma o ENDL.
No hay comentarios:
Publicar un comentario