O ENDL decidiu otorgar os premios ás cabazas que participaron neste Samaín 2017. Difícil elección porque todas estaban xenial. Ao remate, os premios quedaron así:
1º PREMIO: A cabaza crocodilo de Carme Alonso de 2º ESO. Recibiu como premio un fermoso estoxo con material escolar.
2º PREMIO: O caracol de Xacobo Barrera de 1º ESO. Foi premiado con una caixa de rotuladores e un pendrive.
3º PREMIO: O caracol de Jéssica Mourelle de 1º ESO. Recibiu un agasallo consistente nunha Caixa de ceras e un pendrive.
PREMIO EXTRAORDINARIO: Animais salvaxes de Carme, Marta, Mariña e Uxía de 1º ESO. Foi un agasallo de axendas moi chulas, un pendrive e un divertido calendario do 2018.
PARABÉNS A TOD@S!!! MOITAS GRAZAS POLA VOSA PARTICIPACIÓN!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario