Durante esta xornada do venres 25 de novembro, o noso centro quixo
sumarse á celebración do Día Internacional contra a Violencia de Xénero.
Colocamos un crespón negro á entrada do centro e
repartíronse lazos negros a todo o profesorado, alumnado e persoal non docente
do instituto.
Tamén se entregaron polas clases, uns textos referidos ás
irmás Mirabal para que o alumnado coñecese a relación que tivo a vida destas
mulleres para a conmemoración desta data.
No hay comentarios:
Publicar un comentario