Este ano celebramos o SAMAÍN e o MAGOSTO o día 11 de
novembro. As actividades que se levaron a cabo no centro, foron programadas conxuntamente polo EDNL e o DAE. O
Departamento de Plástica, a Biblioteca do instituto, o Departamento de
Orientación e aula de PT e, en xeral, o profesorado e o alumnado do centro
tamén colaboraron activamente.
As actividades programadas foron as seguintes:
·
Decoración do centro con motivos referidos ao
Samaín.
·
Concurso de cabazas.
·
Exposición de libros de terror
·
Exposición de contos e lendas do contorno
propios da celebración( 1º ESO)
·
Traballos sobre a distribución e orixe do
castiñeiro (2º ESO)
·
Traballo sobre a festa do Magosto: historia e
tradicións (3º ESO)
·
Poemas e
frases (4º ESO)
·
Cantigas e refráns ( 1ºBACH)
·
Elaboracións de postres e exposición de fotos
(2º BACH)
·
Degustación de castañas na cafetaría do centro.
·
Xogos no patio e no ximnasio
Durante os días previos á celebración do magosto o día 11,
fíxose un amplo repertorio de actividades nas aulas referidas aos traballos de
investigación, así como todo o que tivo que ver coa decoración do centro e as
exposicións de cabazas e de libros con temática de medo.
A verdade é que aínda que foi moito o tempo que lle adicamos
entre todos a esta celebración, pasámolo moi ben e puidemos desfrutar coa mesma.
Aquí vos deixamos, coma sempre, un resumo do que deu de si
esta celebración anual.
Tamén queremos parabenizar ás gañadoras do concurso de
cabazas e por suposto, agradecer a todo o alumnado a súa participación no
mesmo.
Os premios foron parar a 1º ESO:
No hay comentarios:
Publicar un comentario