O pasado venres, celebramos o festival do Entroido no noso
insti . Comezamos ás 13 horas, logo de rematar o tempo de recreo que foi cando
puidemos degustar as larpeiradas que o noso alumnado preparo unas súas casas
para o concurso que previamente organizou o Departamento de Actividades
Extraescolares. Foi este mesmo departamento o que tamén preparou un karaoke que
despois do concurso de comparsas se levou a cabo.
O certo é que todo o alumnado da ESO participou nestas
actividades, uns cos postres de Entroido e outros en comparsas. Foi moi
divertido ver como os rapaces e rapazas representaban as súas parodias que
elaboraron. Resultou gañadora a comparsa de 2º da ESO coa “ Misa”, pero tamén a
comparsa formada por alumnado de 4º da ESO xunto con algunha alumna de 3º da
ESO,levou un accésit polo traballo e esforzó que fixeron. Os que quedaron sen
premio, tamén o fixeron moi ben, pero… a cousa non deu para máis.
O festival foi presentado por Mateo, alumno de 4º ESO. Logo alguna
das componentes do xurado, tamén nos sorprenderon cun numeriño musical co que
nos fixeron pasar uns bos risos.
O Equipo de Dinamización da Lingua galega quere agradecer ao
alumnado a súa particiación neste Entroido 2014 e animarvos a que sigades
colaborando para que este tipo de festas tan nosas non desaparezan do noso
centro. Grazas tamén ao xurado e a todo o profesorado que nos botou unha man
para facelo posíbel.
A continuación, van unas fotos dese festival.
Comparsa de 1º ESO |
Comparsa gañadora de 2º ESO |
Comparsa de 3º ESO |
Comparsa 4º ESO |
No hay comentarios:
Publicar un comentario