O mércores pasado asistimos á presentación do libro O agasallo de Anya na libraría Biblos de Lugo ás 20:00 h . Da Pontenova fomos uns cantos compañeir@s , excompañeir@s e amizades de Sabela para acompañala neste día. Hai que dicir que a Biblos quedeu pequena para acubillar a tanta xente como alí se achegou : antigo alumnado, amig@s, profesorado doutros centros e moita, moita outra xente.
Despois da presentación do acto, por parte de Francisco Castro, tomou a palabra Sabela que, con certa dose de humor, nos foi contando como xurdiu a idea de escribir este seu primeiro libro. Despois diso, pacientemente, foi asinando a cada persoa o seu exemplar. Foi un acto moi bonito e moi entrañable co que todo o mundo gozou un montón. Noraboa, Sabela... estiveches estupenda coma sempre!!
Aquí vos deixamos unhas fotos dese acto.
Moitas, moitísimas grazas por acompañarme!!!
ResponderEliminarGrazas a vós, foi un día moi especial e feliz para min.
Non vira este comentario até agora... nada Sabela, foi un pracer poder estar contigo. Só desexarche que agora que xa es famosa, continúes colleitando moitos éxitos e poidas seguir asinándonos exemplares tan chulos.
ResponderEliminar