30/9/18

PAULA COMENDEIRO GAÑADORA DO CONCURSO DE REDACCIÓN MARIÑA FOLGUEIRA


A finais do pasado curso 2017-2018, o noso centro participou no Concurso de Redacción Xornalística María Folgueira  que na súa cuarta edición convoca a Asociación de veciños de Reigosa (A Pastoriza).

Da man de María Expósito (antiga compañeira do Dpto.. de Galego)concursamos por segundo ano consecutivo. E desta volta, grazas a Paula Comendeiro, alumna daquela de 1º ESO, acadamos un premio co seu traballo que levou por título SEMPRE EN GALIZA.Foi o traballo premiado no apartado do 1º ciclo da ESO.

O premio para Paula consistiu nunha tablet en un lote de libros, mentres que o centro tamén foi agasallo con outro lote de libros.

O xurado que valorou os traballos da rapazada estivo formado por xente de prestixio do eido das letras, do xornalismo e da cultura galegas: Manolo Gago, Alberto Barciela, Paulino Novo, Xurxo Salgado e Mini.

A entrega de premios levouse a cabo o 16 de agosto ás 16:00 horas no Edificio Socio- Cultural Mariña Folgueira de Reigosa.

Dende este blog, queremos dar as grazas, en primeiro lugar a Paula polo seu traballo e sacrificio, a Asociación de veciños de Reigosa e tamén á nosa compañeira e amiga María Expósito.  

MIL GRAZAS!!!
Podedes ver fotos AQUÍ


15/11/17

A PRAIA DAS CATEDRAIS NA LITERATURA



Un traballo feito por alumnado de 2º de Bacharelato do IES Dionisio Gamallo de Ribadeo e baixo a supervisión do profesor Suso F. Acevedo.

APLICACIÓN PARA MÓBIL

Esta web é unha versión reducida do Refraneiro Galego, unha aplicación para móbiles que inclúe máis de 10.000 refráns diferentes e que podes descargar de balde na App Store ou no Google Play. Aquí só atoparás unha pequena mostra, pero cantos máis, mellor :) Se queres participar, envíanos o teu refrán!


 Se queres coñececer un pouco máis, preme AQUÍ

AUGAS TERMAIS EN GALICIA

LINGUAS DO MUNDO

9/11/17

PREMIOS PARA AS CABAZAS

O ENDL decidiu otorgar os premios ás cabazas que participaron neste Samaín 2017. Difícil elección porque todas estaban xenial. Ao remate, os premios quedaron así:


1º PREMIO: A cabaza crocodilo de Carme Alonso de 2º ESO. Recibiu como premio un  fermoso estoxo con material escolar.

2º PREMIO: O caracol de Xacobo  Barrera de 1º ESO. Foi premiado con una caixa de rotuladores e un pendrive.

3º PREMIO: O caracol de Jéssica Mourelle de 1º ESO. Recibiu un agasallo consistente nunha Caixa de ceras e un pendrive.

PREMIO EXTRAORDINARIO: Animais salvaxes de Carme, Marta, Mariña e Uxía de 1º ESO. Foi un agasallo de axendas moi chulas, un pendrive e un divertido calendario do 2018.


   PARABÉNS A TOD@S!!!  MOITAS GRAZAS POLA VOSA PARTICIPACIÓN!!



7/11/17

HAI, FAI, VAI

Hai, fai, vai
O galego e o castelán, como linguas en constante contacto na fala viva, sofren interferencias mutuas. Polo enorme desequilibrio socioeconómico e institucional existente, é o galego quen case sempre sae máis afectado deste rozamento, con perdas de léxico e de expresión autóctonos, con cambios na maneira de dicir algo que nalgúns casos poden ser definitivos. Noutros casos, simplemente con afinar o oído e escoitar as persoas de máis idade, comprobaremos que determinadas formas seguen moi vivas e que é unha mágoa non acollelas no noso vocabulario e expresión persoais. Velaquí o caso dos verbos que definen situacións, cuxo uso é ben distinto en galego e en castelán.
Os españois din “Hace frío, hace años…”
En galego temos diferentes verbos para cada uso. Para referírmonos ao tempo cronolóxico, usaremos o verbo haber: “Hai días que non vexo o meu xefe; dá gusto traballar así”. “Había ben tempo que non comía un arroz con chocos tan substancioso coma este!”
Se falamos de tempo atmosférico, usaremos o verbo ir: “Para ser primavera, vaiche un frío que encolle”. Unha boa regra mnemotécnica para recordarmos isto é o vello ditado que afirma que o frío (ou a calor) non se fai que xa vén feito.
Onde si empregaremos o verbo facer é cando queiramos reparar nun feito temporal concreto. “Fixo onte vinte anos que entrei a traballar na fábrica”. “Cando fas anos, Marcos? Coido que teño o agasallo de aniversario perfecto para ti”


https://dubidasdogalego.wordpress.com/2017/03/23/hai-fai-vai/