31/1/17

UNHA BOA NOVA

Pois parece ser que se confirma... despois de que o pleno do Concello de Santiago, aprobase unha declaración institucional para solicitar que o aeroporto da cidade
se chame Rosalía de Castro, Fomento  accede a dita petición, que tamén foi apoiada pola Casa de Rosalía, A Real Academia Galega e outras institucións. Estamos de noraboa.


I CONCURSO DE CARAUTAS DO ENTROIDO

Nesta entrada queremos deixarvos as Bases para poder participar no concurso de carautas:



                                                EDL



BASES
1.      O concurso vai dirixido a todo o alumnado do centro.
2.      Os traballos deberán realizarse nalgún tipo de cartolina, plástico,cartón..ao que se lle poden engadir outros materiais.
3.      O tamaño das carautas non poderá superar o dun folio A4.
4.      A técnica empregada será libre (lapis, ceras, rotuladores, collage...).
5.      O traballos polo seu reverso levaran a identificación do alumno/a.
6.      O prazo de entrega dos traballos remata o venres 17 febreiro. Depositaranse nunha caixa que haberá na entrada da biblioteca.
7.      O xurado que elixa a carauta gañadora estará formado polo EDL.
8.      Haberá premios para as tres mellores carautas.

30/1/17

AÍ VÉN O ENTROIDO

Aínda co mel nos beizos das vacacións do Nadal e xa temos que ir pensando no que nos imos disfrazar para  o Entroido. Este ano será a finais de febreiro, asi que idevos preparando e todo o mundo a deixar voar a imaxinación para ver que nos ofrecedes. Temos como novidade un concurso de carautas no que podedes participar todos os cursos. O deseño máis chulo, máis innovador e con máis colorido será premiado.
Como non, as comparsas que o alumnado prepare para o festival do día 24 tamén serán premiadas e non faltará, como de costume, o noso meco na entrada do centro, que nos vai pedir que durante unha semana contribuamos a vivir unha semana un pouco máis tola polos corredores e polas clases do instituto.
IDEVOS PREPARANDO….


Cartaz de Irene Díaz 1º BACH

13/1/17

CARTAS AO APALPADOR PREMIADAS

Neste 1º Concurso de cartas ao Apalpador, resultaron premiadas co 1º premio a carta de Celtia Dorrío Rico, co 2º premio a da alumna Paula Lombardía Castrillón e co 3º premio a carta de Miriam Fernández Lavandera. As tres alumnas de de 2º de ESO dámoslles os parabéns e a tod@s @s participantes neste concurso, dámoslles as grazas pola súa participación e animámolos a seguir tomando parte neste tipo de eventos.
Deixámosvos ligazóns para que poidades ler as súas cartas:


CARTA CELTIA DORRÍO

CARTA PAULA LOMBARDÍA

CARTA MIRIAM LAVANDERA

21/12/16

BO NADAL E FELIZ 2017

O EDL do centro quere desexar toda a comunidade educativa do IES Enrique Muruais unhas felices festas de Nadal e un venturoso ano 2017.



Postal gañadora do concurso de Nadal 2016

NADAL 2016

Tralo concurso de postais, actividade organizada polo EDL do centro, quedou gañadora a postal da alumna de 2º ESO, Lucía Pedride Moirón. Noraboa, Lucía!!

Tamén levamos adiante o I Concurso de cartas ao Apalpador e as gañadoras foron as seguintes alumnas:

1º PREMIO: Celtia Dorrío Rico (2º ESO)

2º PREMIO: Paula Lombardía Castrillón (2º ESO)

3º PREMIO: Miriam Fernández Lavandera (2º ESO)


       Parabéns a todas elas e moitas grazas a todo o alumnado pola súa participación!!





ACTUACIÓN DE CELSO SANMARTÍN

Hoxe estivo no noso centro o contacontos Celso Sanmartín. Durante 1 hora de actuación puidemos escoitalo e desfrutar coas súas historias. Tanto o alumnado como o profesorado quedamos encantad@s da súa extraordinaria capacidade narradora; historias, as súas, tiradas principalmente da tradición oral.