Aínda co mel
nos beizos das vacacións do Nadal e xa temos que ir pensando no que nos imos
disfrazar para o Entroido. Este ano será
a finais de febreiro, asi que idevos preparando e todo o mundo a deixar voar a
imaxinación para ver que nos ofrecedes. Temos como novidade un concurso de
carautas no que podedes participar todos os cursos. O deseño máis chulo, máis
innovador e con máis colorido será premiado.
Como non, as
comparsas que o alumnado prepare para o festival do día 24 tamén serán premiadas
e non faltará, como de costume, o noso meco na entrada do centro, que nos vai
pedir que durante unha semana contribuamos a vivir unha semana un pouco máis
tola polos corredores e polas clases do instituto.
IDEVOS PREPARANDO….Cartaz de Irene Díaz 1º BACH |
No hay comentarios:
Publicar un comentario