1/4/22
VIDEOCOTIÁN
Incorporamos a publicación de dous vídeos pertencentes á actividade anual VIDEOCOTIÁN cuxas autoras son Carla e Nuria de 1º de BAC.
O vídeo de Carla inclúe o tema Verdes herbas do desaparecido grupo de folk dos anos 80, Doa.
Nuria creou o seu vídeo a partir do coñecido poema de Rosalía Adiós ríos e que foi musicalizado por Amancio Prada.
Moitas grazas, rapazas, pola vosa contribución e agardamos que sigades participando.
23/3/22
DÍA INTERNACIONAL DA POESÍA
Ademais doutros traballos de aula que serán expostos no seu momento, o EDLG colaborou coa Biblioteca do centro e dende as titorías coa pegada nas portas das aulas de poemas de escritoras e escritores máis actuais e contemporáneos, para dar a coñecer as súas obras entre o alumnado.
9/3/22
REIVINDICANDO A IGUALDADE 8M
5/3/22
VIDEOCOTIÁN ÁLVARO 3º ESO. O pirimpimpin. Malvela
Unha vez máis, Álvaro fainos chegar un novo vídeo para a actividade do VIDEOCOTIÁN. Desta volta, un tema moi popular e coñecido, O pirimpimpin do grupo de mulleres Malvela.
Dende aquí, agradecemos a Álvaro de 3º ESO as súas inestimables aportacións á actividade, animándoo a seguir con elas e agardamos que tamén se anime máis alumnado a participar.
26/2/22
ESTIVEMOS DE ENTROIDO!!
Esta semana, de luns a venres celebramos no IES o Entroido. Houbo animación e tanto profesorado como alumnado, luciron os seus disfraces, tal e como o meco dispuxo.
25/2/22
HOMENAXEANDO A ROSALÍA
O día 23 conmemorouse no IES Enrique Muruais o nacemento de Rosalía de Castro. Dende o EDLG decidimos unirnos un ano máis, ás suxestións da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega para celebrar esta data.
Nun acto central, durante o recreo, agasallámonos un libro e unha flor entre o profesorado e o alumnado participante. O centro aportou o libro de lectura O Principiño para todas e todos que quixeron sumarse á iniciativa. A biblioteca aportunos as obras disponibles da autora homenaxeada , así como tamén houbo profesorado que quixo ceder para a exposición, distintas edicións da obra rosaliana.
Paula, alumna de 1º BAC leu o Manifesto para este día, redactado pola escritora Beatriz Maceda Abeleira.
Ademais nas clases, tamén se fixeron traballos co alumnado tanto a nivel plástico coa confección do mural de Rosalía como coa elaboración de flores que levaban escritos versos das súas obras; traballamos con poemas e textos narrativos sobre a vida e obra da poeta.
Estes traballos iranse expoñendo ao longo do mes de marzo, mes da poesía que rematará o 21 coa conmemoración do Día Mundial da Poesía.


