O día 23 conmemorouse no IES Enrique Muruais o nacemento de Rosalía de Castro. Dende o EDLG decidimos unirnos un ano máis, ás suxestións da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega para celebrar esta data.
Nun acto central, durante o recreo, agasallámonos un libro e unha flor entre o profesorado e o alumnado participante. O centro aportou o libro de lectura O Principiño para todas e todos que quixeron sumarse á iniciativa. A biblioteca aportunos as obras disponibles da autora homenaxeada , así como tamén houbo profesorado que quixo ceder para a exposición, distintas edicións da obra rosaliana.
Paula, alumna de 1º BAC leu o Manifesto para este día, redactado pola escritora Beatriz Maceda Abeleira.
Ademais nas clases, tamén se fixeron traballos co alumnado tanto a nivel plástico coa confección do mural de Rosalía como coa elaboración de flores que levaban escritos versos das súas obras; traballamos con poemas e textos narrativos sobre a vida e obra da poeta.
Estes traballos iranse expoñendo ao longo do mes de marzo, mes da poesía que rematará o 21 coa conmemoración do Día Mundial da Poesía.
No hay comentarios:
Publicar un comentario