Rematamos este primeiro trimestre co concurso de
postais de Nadal. Durante as dúas últimas semanas, o alumnado confeccionou as súas, ben por libre ou axudados pola profesora de Plástica na súa aula.
Coma todos os anos,houbo bastante participación e a postal gañadora coa que se felicita a toda a comunidade educativa foi a de
Antía Cabodevila Gutiérrez de 3º da ESO...noraboa Antía!
Todas estaban moi ben e foi difícil elixir cales eran as finalistas. En 2º lugar quedou a de
Marcos Macía González de 1º ESO e en 3º lugar a da alumna de 1º da ESO,
Nuria Torre Monasterio. Noraboa tamén a vós. Á volta das vacacións farásevos a entrega dos agasallos.
Dende o
ENDL queremos darvos as grazas a tod@s @s que participastes polo voso bo labor, a ilusión e o tempo invertido en facer as vosas creación. Animávosvos a seguir participando nestas actividades tan lúdicas e motivadoras.
Dende este mesmo recuncho, aproveitamos para desexarlle a toda a comunidade educativa do IES Enrique Muruais un
feliz Nadal e un próspero aninovo 2019.
 |
| Antía Cabodevila Gutiérrez 3ºESO |