Dende Bergantiños chegaron Lupe Blanco e Óscar García para
facer co alumnado de 1º e 2º da ESO un obradoiro de poesía. Durante 90 minutos
estiveron connosco amosándonos a súa arte, regueifando e ensinándonos a facelo
nós.
Despois de presentarse en modo copla, tamén quixeron que @s
alumn@s comprobasen como esta é unha arte onde se improvisa e nada está
preparado. Despois dunha introdución teórica na que explicaron no que consistía
esta arte, tocou pasar a unha parte práctica na que nenos e nenas inventaron as
súas estrofas e deseguido regueifaron.
Resultou unha tarde moi amena , o alumnado divertiuse un
montón e comprobou que a poesía non ten por que ser aburrida nin seria.
Cremos que tanto Lupe como Óscar tamén o pasaron moi ben… dende
este blog queremos agradecerlles a súa visita e prometemos seguir regueifando e
inventando moitas coplas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario