14/1/19
23/12/18
BO NADAL!
Rematamos este primeiro trimestre co concurso de postais de Nadal. Durante as dúas últimas semanas, o alumnado confeccionou as súas, ben por libre ou axudados pola profesora de Plástica na súa aula.
Coma todos os anos,houbo bastante participación e a postal gañadora coa que se felicita a toda a comunidade educativa foi a de Antía Cabodevila Gutiérrez de 3º da ESO...noraboa Antía!
Todas estaban moi ben e foi difícil elixir cales eran as finalistas. En 2º lugar quedou a de Marcos Macía González de 1º ESO e en 3º lugar a da alumna de 1º da ESO, Nuria Torre Monasterio. Noraboa tamén a vós. Á volta das vacacións farásevos a entrega dos agasallos.
Dende o ENDL queremos darvos as grazas a tod@s @s que participastes polo voso bo labor, a ilusión e o tempo invertido en facer as vosas creación. Animávosvos a seguir participando nestas actividades tan lúdicas e motivadoras.
Dende este mesmo recuncho, aproveitamos para desexarlle a toda a comunidade educativa do IES Enrique Muruais un feliz Nadal e un próspero aninovo 2019.
Coma todos os anos,houbo bastante participación e a postal gañadora coa que se felicita a toda a comunidade educativa foi a de Antía Cabodevila Gutiérrez de 3º da ESO...noraboa Antía!
Todas estaban moi ben e foi difícil elixir cales eran as finalistas. En 2º lugar quedou a de Marcos Macía González de 1º ESO e en 3º lugar a da alumna de 1º da ESO, Nuria Torre Monasterio. Noraboa tamén a vós. Á volta das vacacións farásevos a entrega dos agasallos.
Dende o ENDL queremos darvos as grazas a tod@s @s que participastes polo voso bo labor, a ilusión e o tempo invertido en facer as vosas creación. Animávosvos a seguir participando nestas actividades tan lúdicas e motivadoras.
Dende este mesmo recuncho, aproveitamos para desexarlle a toda a comunidade educativa do IES Enrique Muruais un feliz Nadal e un próspero aninovo 2019.
| Antía Cabodevila Gutiérrez 3ºESO |
21/12/18
CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL 2018
11/12/18
OBRADOIRO DE REGUEIFA
Dende Bergantiños chegaron Lupe Blanco e Óscar García para
facer co alumnado de 1º e 2º da ESO un obradoiro de poesía. Durante 90 minutos
estiveron connosco amosándonos a súa arte, regueifando e ensinándonos a facelo
nós.
Despois de presentarse en modo copla, tamén quixeron que @s
alumn@s comprobasen como esta é unha arte onde se improvisa e nada está
preparado. Despois dunha introdución teórica na que explicaron no que consistía
esta arte, tocou pasar a unha parte práctica na que nenos e nenas inventaron as
súas estrofas e deseguido regueifaron.
Resultou unha tarde moi amena , o alumnado divertiuse un
montón e comprobou que a poesía non ten por que ser aburrida nin seria.
Cremos que tanto Lupe como Óscar tamén o pasaron moi ben… dende
este blog queremos agradecerlles a súa visita e prometemos seguir regueifando e
inventando moitas coplas.
5/12/18
VISÍTANOS LUPE BLANCO
Nun intento de achegar a poesía ás aulas, partindo do noso
patrimonio e tradición, da nosa cultura, fomentando a
vea artística e creativa do alumnado e mellorando o emprego da lingua no
que se refire especialmente á destreza oral, o martes 11 nas dúas sesión da
tarde imos ter no centro a Lupe Blanco impartindo
ao noso alumnado de 1º e 2º da ESO un Obradoiro
de regueifa.
Para quen non saiba o
que é o mundo da regueifa ou ben desexe
ampliar os seus coñecementos, deixámosvos unha ligazón onde podedes consultar.
4/12/18
TEMPO DE NADAL
Achégase a época do Nadal e, como cada ano, o ENDL convoca ao alumnado do centro para participar no concurso de postais. As bases que rexen nesta nova convocatoria son as seguintes:
- Poderán participar tod@s @s alumn@s do centro.
- Os traballos presentaranse nunha cartolina tamaño A-4 e poderase empregar calquera tipo de técnica. Deben incluír obrigatoriamente un lema alusivo ao tema, redactado en galego.
- Os traballos non levarán o nome na cartolina, senón que se acompañarán en folio á parte cos datos d@participante.
- Valorarase a orixinalidade e a creatividade.
- O prazo de presentación dos mesmos será do 10 ao 14 de decembro como data límite.
- O xurado estará composto por membros do ENDL.
- A tarxeta gañadora do 1º premio será a oficial do instituto para parabenizar estas festas.
4/11/18
SAMAÍN E MAGOSTO
Durante a última semana de outubro celebramos no centro Samaín
. O ENDL programou diversas actividades como foronunha exposición de libros de terror( xunto coa Biblioteca do centro), un concurso de relatos de
terror, un concurso de cabazas tuneadas
e outro de chapeus . @s gañador@s destes concursos foron os seguintes:
Concurso de relatos
de medo:
1º premio: Nuria López Torviso e Rosalía Maseda Rico (1º
ESO)
2º premio: María Alonso Fernández (3º ESO)
3º premio: Carme Alonso Mourelle (3º ESO)
Concurso de cabazas
tuneadas:
1º premio: Paula Rodríguez Fernández 1º ESO
2º premio: Samuel
Lourido Cigarrán (1º ESO) e Iria Goyos Moirón (2º ESO)
3º premio: Mención especial para a cabaza de Daniel
Cabodevila Gutiérrez (1ºESO)
Concurso de chapeus:
1º premio: Luana Bizinella Dornelles (4ª ESO)
Todo o alumnado gañador dos concursos, recibiu agasallos ao
seren premiadas as súas colaboracións.
Tamén en colaboración co Departamento de Actividades
Extraescolares e Complementarias, o martes
30 pola tarde, celebramos o magosto no instituto e de seguido houbo xogos
tradicionais para o alumnado, que
programou o Dpto. de Educación Física.
Deixámosvos una mostra do que foi a actividade deste ano.
![]() |
| Magosto |
![]() |
| Magosto |
![]() |
| Magosto |
![]() |
| Exposición de cabazas |
![]() |
| Concursos |
![]() |
| Xogos populares |
![]() |
| Exposición de libros de terror |
![]() |
| Entrega de premios dos concursos |
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
















