31/10/16
28/10/16
TEMPO DE SAMAÍN
Dende o EDL do noso instituto achegámosvos o cartaz anunciador do Samaín dete ano. Foi elaborado por Irene de 1º BACH. Esta mesma semana, incluirémosvos o programa completo do que imos realizar xunto co Departamento de Actividades Extraescolares.
5/10/16
ADEUS A FRAN CORTEGOSO
O poeta pontevedrés Fran Cortegoso, finaba hoxe na súa casa de Bora aos 31 anos, logo de estar loitando durante un tempo contra unha enfermidade. Precisamente, no día do seu falecemento chegaba ás librarías o seu libro Suicidas.
Segundo describe a editorial que publica o seu libro, Suicidas é "un dos máis importantes e conmovedores textos da poesía galega das últimas décadas".
A primeira obra de francisco Cortegoso foi Ningún home un poemario publicado na Revista das Letras no Galicia Hoxe en 2008 e no ano 2013 gañou o Premio de poesía Pérez Parallé coa obra Memorial & Danza.

SOMOS UN EQUIPO
Este ano escolar 2016-2017 que comezamos, o noso ENDL estará formado polas seguintes persoas
Profesorado:
Elena Aller González
Mercedes Bouza Fernández
Carme López Peón (coordinadora)
Ángeles Rodríguez Llamazares
Alumnado:
Paula Lombardía Castrillón (2º ESO)
Denís Cancelas Mera (3ª ESO)
Denís Cancelas Mera (3ª ESO)
Sarai López Morado (4º ESO)
Irene Díaz Alonso (1º BACH)
Representante da Administración e servizos:
23/9/16
COMEZAMOS...
Ola, benvid@s ao novo curso 2016-2017 a este recuncho do ENDL do IES Enrique Muruais. Comezamos dando dúas novas, unha mala e outra boa. A mala foi a morte neste verán, mentres estabamos de vacacións, do escritor Agustín Fernández Paz. O autor vilalbés, un dos máis recoñecidos da literatura infantil e xuvenil galega deixounos o pasado 12 de xullo, logo dunha longa enfermidade. Grande perda para a literatura galega en especial e para as letras en xeral.
"Todas as historias se tecen cos fíos da vida" (Agustín Fernández Paz)
A boa nova, vén da man do escritor galego Carlos Casares que foi o elixido pola Real Acadermia Galega para das Letras Galegas 2017. Desfrutando aínda da obra de Manuel María, celebramos o recoñecemento da figura deste escritor nado na comarca da Limia (Ourense).
![]() |
| Agustín Fernández Paz (1947-2016) |
A boa nova, vén da man do escritor galego Carlos Casares que foi o elixido pola Real Acadermia Galega para das Letras Galegas 2017. Desfrutando aínda da obra de Manuel María, celebramos o recoñecemento da figura deste escritor nado na comarca da Limia (Ourense).
![]() |
| Carlos Casares (1941-2002) |
24/5/16
HOXE 24 DE MAIO NO INSTITUTO...
ACTUACIÓN DE LEO I ARREMACÁGHONA ÁS 5 DA TARDE NO XIMNASIO DO CENTRO.
Será presentado por Sarai López Morado, alumna de 3º ESO e membro do EDL.
Agardamos que vos guste!!!
Será presentado por Sarai López Morado, alumna de 3º ESO e membro do EDL.
Agardamos que vos guste!!!
13/5/16
ACTUACIÓN DE O LEO l ARREMECÁGHONA!!
Martes 24 de maio será o día previsto para a actuación musical no noso instituto de O Leo I Arremecághona!!
Estará presente todo o alumnado do centro e a actuación será no ximnasio do centro en horario de 17:00 ata as 17:50. Organiza a actividade o Equipo de Normalización Lingüística por mor da celebración da data das Letras Galegas.
Se queredes ver máis información sobre este artista, podedes consultar o seu FACEBOOK ou ben na súa conta de TWITTER e mesmo na WIKIPEDIA

Suscribirse a:
Entradas (Atom)