Ola, benvid@s ao novo curso
2016-2017 a este recuncho do
ENDL do IES Enrique Muruais. Comezamos dando dúas novas, unha mala e outra boa. A mala foi a morte neste verán, mentres estabamos de vacacións, do escritor
Agustín Fernández Paz. O autor vilalbés, un dos máis recoñecidos da literatura infantil e xuvenil galega deixounos o pasado 12 de xullo, logo dunha longa enfermidade. Grande perda para a literatura galega en especial e para as letras en xeral.
|
Agustín Fernández Paz (1947-2016) |
"Todas as historias se tecen cos fíos da vida" (Agustín Fernández Paz)
A boa nova, vén da man do escritor galego
Carlos Casares que foi o elixido pola Real Acadermia Galega para das
Letras Galegas 2017. Desfrutando aínda da obra de Manuel María, celebramos o recoñecemento da figura deste escritor nado na comarca da Limia (Ourense).
|
Carlos Casares (1941-2002) |
No hay comentarios:
Publicar un comentario