8/2/15

PREPARANDO O DÍA DO AMOR : 14 DE FEBREIRO

O día do amor (14 de febreiro) está a piques de chegar e o ENDL xa ten preparado na entrada do centro  un corazón enorme para que poidades colgar nel as mensaxes en galego que lles adicades a ovoso amor (á familia, á parella, ás amizades). Hai corazóns de dúas cores, segundo a quen vaia dirixida a mensaxe.
Ide escribindo o que queredes transmitir porque queremos ver ese corazón cheo doutros pequenos corazonciños; para iso temos este recunchiño para que tod@s vós abrades os vosos sentimentos e os expreses a quen máis desexades.



                                  FELIZ DÍA DO AMOR!!!!






2/2/15

QUÉROTE EN GALEGO

O Equipo de Normalización e Dinamización da Lingua Galega xunto coa biblioteca do centro, organizan esta actividade para todo o alumnado do centro co gallo da celebración do DÍA DO AMOR. Consiste en deixar mensaxes de amor ou de amizade para aquelas persoas a quen se desexe.  Corazóns malva e corazóns de cor verde atoparedes se  participar queredes. Non esquezades,  antes do 12 de febreiro na caixa de correo da biblioteca podedes depositalos.


        ANIMÁDEVOS  A DEIXAR MENSAXE!!! 




Cartaz do día do amor 14 de febreiro de 2015

CUMPREANAOS DE PRAZA PÚBLICA

Hoxe cúmprense tres anos desde que o xornal dixital Praza Pública botou a andar. Editado completamente en galego ao igual que o Sermos Galiza, nace en resposta á necesidade de cubrir o oco que deixaron outros medios en galego e que por mor da crise tiveron que pechar.

Parabéns a Praza Pública por este 3º aniversario e longa vida.



1/2/15

A REAL ACADEMIA GALEGA MANIFÉSTASE

A Real Academia Galega pídelle ao goberno da Xunta que asuma o Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega e reclama a derrogación do Decreto do plurilingüismo aprobado no ano 2010.

Podedes ver a nova  clicando AQUÍ

20/1/15

CONTRA A DISCRIMINACIÓN DA NOSA LINGUA


A ESMORGA PRESENTE NA GALA DOS GOYA

A Esmorga é unha obra de Blanco Amor que  recentemente se levou do papel ao cine cun grandísimo éxito de público en toda Galicia. Agora aspira a ser premiada co máximo galardón que se outorga ao cine español: os GOYA


Podedes ver máis información se pinchades  AQUÍ




11/1/15

SEMANARIO SERMOS GALIZA

No noso centro, en concreto, na biblioteca estamos a recibir desde este curso o semanario SERMOS GALIZA que tamén se oferta na súa versión dixital. Está escrito integramente en galego.

O semanario Sermos Galiza sae á luz ,primeiramente na súa versión dixital, o 26 de abril de 2012 por mor do peche encadeado dos medios de comunicación en galego, o último deles, Galicia Hoxe. As promotoras e promotores desta iniciativa cidadá- á procura duns 3000 socios e accionistas que sustenten o proxecto- consideraron urxente o nacemento dun grupo de comunicación que respondese ás necesidades informativas do noso país no século XXI. Atrás da andaina informativa figuran os nomes  de Marga Romero, Néstor Rego, María Reimóndez, Nemesio Barxa, Xurxo Souto,Teresa Moure, Xosé Lois O Carrabouxo, Marica Campo e outr@s persoas relacionadas co mundo da cultura e a información.
A partires do 17 de maio dese mesmo ano, o semanario sae aos kioskos e puntos de venda na súa versión impresa.



Exemplares do SERMOS GALIZA na biblioteca.