O semanario Sermos Galiza sae á luz ,primeiramente na súa versión dixital, o 26 de abril de 2012 por mor do peche encadeado dos medios de comunicación en galego, o último deles, Galicia Hoxe. As promotoras e promotores desta iniciativa cidadá- á procura duns 3000 socios e accionistas que sustenten o proxecto- consideraron urxente o nacemento dun grupo de comunicación que respondese ás necesidades informativas do noso país no século XXI. Atrás da andaina informativa figuran os nomes de Marga Romero, Néstor Rego, María Reimóndez, Nemesio Barxa, Xurxo Souto,Teresa Moure, Xosé Lois O Carrabouxo, Marica Campo e outr@s persoas relacionadas co mundo da cultura e a información.
A partires do 17 de maio dese mesmo ano, o semanario sae aos kioskos e puntos de venda na súa versión impresa.
Exemplares do SERMOS GALIZA na biblioteca. |
No hay comentarios:
Publicar un comentario