Biblioteca from luscofusco13
20/11/14
HISTORIAS ARREDOR DAS BIBLIOTECAS
Amosámosvos os traballos que as nenas e nenos de 1º da ESO fixeron nas clases de Galego para conmemorar o Día das Bibliotecas Escolares. Agardamos que vos gusten!!
17/11/14
PREMIADOS NOS RELATOS DE MEDO SAMAÍN 2014
O xurado formado por membros do ENDL decidiu cal dos traballos presentados ao concurso de relatos de medo foi o premiado nesta edición do Samaín 2014. O agasallo consiste nun lote de libros e un diploma e os concursantes gañadores son Xoel Rodríguez Fernández e Felipe Rodríguez García, alumnos de 1º ESO. O relato gañador leva por título UNHA TERRORÍFICA ACAMPADA.
PARABÉNS Xoel e Felipe polo voso traballo!!!
Ao resto de concursantes, queremos agradecervos a vosa participación e dicirvos que continuedes co voso labor de escribir e presentar as vosas colaboracións neste tipo de eventos literarios.
Tod@s os que gañastes, tanto no concurso de cabazas como no de relatos de medo,vaisevos avisar esta semana para que recollades os vosos agasallos, así como o lugar e a hora.
MIL GRAZAS A TOD@S!!!

CONCURSO DE CABAZAS SAMAÍN 2014
Xa resolto o concurso de cabazas que fixemos para celebrar o Samaín, temos gañador@s... Son os seguintes:
1º PREMIO: Jairo Pardo Expósito 2º ESO Vale de 20 € en material escolar.
2º PREMIO: Lucía Lourido Cigarrán 1º ESO Vale de 15 € en material escolar.
3º PREMIO: Marina Ramírez de Arellano Luengo 1º ESO Vale de 10 € en material escolar.
PARABÉNS AOS PREMIAD@S!!!
As demais cabazas presentadas ao concurso tamén estaban chulis, claro que si, pero….agasallos só había para tres… agradecémosvos moitísimo a vosa participación e agardamos que para a próxima edición vos animedes e participedes máis, porque sen a vosa colaboración isto non se fai posíbel.
13/11/14
CONCURSO DE RELATOS DE MEDO
O concurso aínda non se resolveu.... estamos niso, pero dentro dun par de días tamén se poderá saber quen gañou... estade moi atent@s...
9/11/14
3/11/14
Suscribirse a:
Entradas (Atom)